Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

FELICITACIÓN DE NADAL

Imaxe
ESTE ANO QUEREMOS FELICITAR O NADAL  COA TEMÁTICA DAS MULLERES QUE IMOS TRABALLAR EN CADA AULA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

CONTOS POLO NADAL

Imaxe
Na última semana de Nadal todas as aulas preparararon un conto para narrar a outra aula. Estes foron algúns dos resultados. Polo Nadal, os nenos de 5º de primaria inventamos un conto titulado "A noite do 5 de xaneiro". Primeiro fixemos unha tormenta de ideas para decidir personaxes principais, lugares onde suceden os feitos, obstáculos que atopan, etc...Logo por equipos creamos os contos e ao final fusionamos ideas. Neste código QR, usando unha aplicación do móbil que o le, podedes ver o noso conto. Esperamos que vos guste! O alumnado de 5 anos contou ao alumnado de 6º o conto "O TREN DE INVERNO" . Mirade que ben o  fixeron. O alumnado de 3ºde primaria  contou ao alumnado de 1º o conto "O NADAL DE ERNESTO E CELESTINA". O alumnado de 1º de primaria contoulle o conto "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS" ao alumnado de 4º e 5º de infantil. O alumnado de 2º de primaria contou o conto "A princ

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Imaxe
Hoxe visitáronnos a APALPADORA (filla do Apalpador)e o seu curmán. Fixéronnos pasar un anaco moi divertido coas súas historias e cancións.

I SESIÓN CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
Onte comezamos coas sesións de contacontos para infantil realizada polas familias do noso alumnado. Onte Verónica, mamá dun dos nosos alumnos, veulles contar o fermoso conto " YO VOY CONMIGO " de Raquel Díaz Reguera. 

📢NOVOS XOGOS NA NOSA BIBLIOTECA📢

Imaxe
Estes días están chegando cousiñas novas para a nosa biblioteca. Ademais dos libros, hoxe chegaron uns xogos novos  moi orixinais para que nenos e nenas disfruten durante o recreo. Pronto chegarán moitos máis. 

EXPOSICIÓN MULLERES IMPORTANTES NA NOSA VIDA

Imaxe
Durante a pasada semana, os distintos cursos e as familias que así o desexaron, achegáronse a visitar a exposición con motivo da commemoración da semana da non violencia de xénero. Deixámosvos un pequeno vídeo para que vexades.

📙 I SESIÓN CONTACONTOS 📙

Imaxe
O pasado venres comezaron as sesións de contacontos para o alumnado de infantil durante os recreos. Os primeiros en realizar esta sesión foron os alumnos e alumnas de 6º curso de educación primaria. Mirade que atentos!!!