Hoxe tivemos un final da hora de ler distinto. En vez de tocar o timbre a profe Vicenta deunos unha sorpresa desde a radio!!!. Díxonos que tiñamos que ir un/unha de cada clase a recoller algo alí. Era un código QR !!! Ao subir ás clases e coa axuda dos móbiles das mestras descubrimos que nos levaba ata este blogue. A segunda sorpresa do día foi: unha guía sobre o uso da biblioteca, en forma de tríptico informativo, para compartir tamén coas familias. Agora xa temos o blogue da nosa biblioteca funcionando a tope!!!!