Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

III CONTACONTONTOS

Imaxe
Hoxe tocou a sesión de contacontos no recreo. Esta vez foi o alumnado de 4º o encargado de contarlle o conto aos nenos e nenas de infantil. Contaron o conto "Patas Longas".

ENTROIDO

Imaxe
Este ano o Entroido centrouse na temática "MULLERES IMPORTANTES DE GALICIA". Cada curso escolleu algo representativo da muller que está a traballar. O alumnado de 4º e 5º de infantil andan a voltas con Luz Casal e a súa música. Os nenos/as de 6º de infantil están traballando a María Martinón antropóloga que traballou no equipo de investigación de Atapuerca.  Para representar a súa profesión viñeron disfrazados de trogloditas.    Os nenos de 1º están traballando a Ángeles Alvariño e o mundo mariño que ela descubriu. Entre eses descubrimentos está unha especie de medusa. Mirade estas medusas!!! Os nenos e nenas de 2º representaron a voda de Elisa e Marcela e a celebración posterior. En 3º andan a traballar o libro "A formiga fóra do carreiro" de Raquel Castro e quixeron mostrarnos aos personaxes do libro. Os de 4º de educación primaria escolleron o cadro de Maruja Mallo "El racimo de uvas". Fixeron unha peq

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
O 11 de febreiro conmemórase o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA . Este día busca que se asuma o compromiso de poñer fin aos prexuízos, a que se invirta máis en ciencia, tecnoloxía, inxeñería e matemáticas para todas as mulleres e as nenas e a que se lle ofrezan oportunidades de mellorar as súas perspectivas de carreira e o seu desenvolvemento profesional.  Como introdución podedes ver o vídeo "ESE LUGAR".     Podedes ver tamén algunhas páxinas que recollen referencias a mulleres científicas galegas: 20 mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer Unha ducia de mulleres científicas galegas Listaxe de protagonistas Científicas galegas Na páxina 11 DE FEBRERO podedes atopar materiais para traballar na aula. TABLA PERIÓDICA DAS MULLERES CIENTÍFICAS .

PRÉSTAMO AULA 4º E.P

Imaxe
NA CLASE DE 4º DE E.PRIMARIA, REMATAMOS DE LER OS LIBROS DO 1º TRIMESTRE (TIÑAMOS MOITOS).  O XOVES NA BIBLIOTECA CADA UN DE NÓS ESCOLLEU DOUS TÍTULOS QUE PODERÍAN SER INTERESANTES  PARA  TODAS E TODOS. DESCUBRIMOS QUE CHEGARAN Á BIBLIOTECA MOITOS LIBROS NOVOS, POR EXEMPLO UNS SOBRE A VIDA DE MARUJA MALLO, A PINTORA GALEGA QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO. ASÍ QUE COMEZAMOS A SEMANA MOI ILUSIONADOS COAS  NOVAS LECTURAS.

A MULLER E A MÚSICA

Imaxe
O venres tivemos un pequeno coloquio e concerto didáctico no centro, a cargo do grupo Anónimas, formado por Patricia Moon e Andrea Montes.  Ofrecéronnos o seu espectáculo Mulleres na música no que nos contaron o papel que ten a muller neste campo e as dificultades que adoitan atopar. Ademais das súas voces puidemos escoitar instrumentos como o violín, o piano ou a guitarra.  Deixámosvos unha mostra da actuación.

II CONTACONTOS ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Imaxe
O venres o alumnado de 5º foi o encargado de contar o conto para o alumnado de infantil na hora do recreo. Contaron o conto " A VACA QUE SUBIU A UNHA ÁRBORE ". Mirade que atentos

DÍA DA PAZ

Imaxe
O pasado día 30 commemoramos no cole o "DÍA DA PAZ". Nas clases traballáronse diferentes contos relacionados coa temática, e fixéronse manualidades. No programa de radio o alumnado de infantil recitou un poema que traballaron na aula. E para finalizar o día baixamos ao patio para cantar e bailar a canción "Se o que queres é a paz", versionada a partir da canción "Superheroes".