ENTROIDO

Este ano o Entroido centrouse na temática "MULLERES IMPORTANTES DE GALICIA". Cada curso escolleu algo representativo da muller que está a traballar.

O alumnado de 4º e 5º de infantil andan a voltas con Luz Casal e a súa música.



Os nenos/as de 6º de infantil están traballando a María Martinón antropóloga que traballou no equipo de investigación de Atapuerca.  Para representar a súa profesión viñeron disfrazados de trogloditas.
  

Os nenos de 1º están traballando a Ángeles Alvariño e o mundo mariño que ela descubriu. Entre eses descubrimentos está unha especie de medusa. Mirade estas medusas!!!



Os nenos e nenas de 2º representaron a voda de Elisa e Marcela e a celebración posterior.



En 3º andan a traballar o libro "A formiga fóra do carreiro" de Raquel Castro e quixeron mostrarnos aos personaxes do libro.



Os de 4º de educación primaria escolleron o cadro de Maruja Mallo "El racimo de uvas". Fixeron unha pequena introdución sobre ela antes do baile que podedes escoitar neste vídeo.



O alumnado de 5º de educación primaria andan coñecendo ás mulleres revolucionarias do noso país,  heroínas que mostraron na súa actuación.


Por último, os nenos/as de 6º de primaria representaron as mulleres emigrantes facendo referencia á muller que están traballando Aurea Rodríguez.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA