Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

O XOGO NO TEMPO

Imaxe
Durante o mes de novembro estivemos analizando as enquisas sobre o xogo. No anterior enlace tedes unha pequena escolma do traballo realizado.

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Imaxe
Dende a Biblioteca queremos recomendarvos unha lecturas moi interesantes para este Nadal. Esperamos que vos gusten!!  

FORMACIÓN DE USUARIOS

Imaxe
Durante este trimestre estivemos facendo cos diferentes cursos actividades relacionadas co uso e funcionamento da biblioteca. Co alumnado de educación infantil e 1º de primaria  traballáronse os seguintes obxectivos: Recoñecer e manter a orde na biblioteca. Asociar a etiqueta de cor ás diferentes idades e temáticas. Interiorizar as normas básicas de uso da biblioteca. Tomar contacto coa CDU asociando o primeiro número da etiqueta a unha temática determinada. Para iso realizanse as seguintes actividades: Visitaron a biblioteca en pequenos grupos de detectives e intentaron localizar libros mal colocados e indicar onde deberían estar, asociando sempre a colocación á etiqueta de cor. Visitan unha vez á semana a biblioteca para coller libros e fan unha pequena ficha sobre o libro no que empezan a identificar partes como o título. Visitan a biblioteca no recreo  dúas veces ao mes para escoitar contos.  Co alumnado de educación primaria traballáronse os seguintes: C

II SESIÓN DE CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
MAMÁ CONTACONTOS… “FAMILIARIZANDO” A BIBLIOTECA O pasado venres, visitou a nosa biblioteca a mamá de Eva (1º) e Carla (3º), convertida nunha contacontos de ocasión.   As bruxas máis famosas dos contos, foron as grandes protagonistas, e as alumnas e alumnos de infantil, o público encargado de descubrilas. Moitas grazas Raquel pola túa visita!!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe

Contacontos

Imaxe
O pasado venres tres alumn@s de sexto contáronlles aos nenos e nenas de infantil o conto " El secreto de Papa Noel". Unha historia que lle ocorreu a Papa Noel non fai moitos anos e que nos fai de previo ante a inminente chegada do Nadal. No enlace de arriba podedes ver unha pequena escolma no video.

SESIÓN DE CONTACONTOS 6º

O pasado venres tres alumn@s de sexto contáronlles aos nenos e nenas de infantil o conto " El secreto de Papa Noel". Unha historia que lle ocorreu a Papa Noel non fai moitos anos e que nos fai de previo ante a inminente chegada do Nadal. No enlace de arriba podedes ver unha pequena escolma no video.