FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante este trimestre estivemos facendo cos diferentes cursos actividades relacionadas co uso e funcionamento da biblioteca.

Co alumnado de educación infantil e 1º de primaria traballáronse os seguintes obxectivos:
  1. Recoñecer e manter a orde na biblioteca.
  2. Asociar a etiqueta de cor ás diferentes idades e temáticas.
  3. Interiorizar as normas básicas de uso da biblioteca.
  4. Tomar contacto coa CDU asociando o primeiro número da etiqueta a unha temática determinada.
Para iso realizanse as seguintes actividades:
  • Visitaron a biblioteca en pequenos grupos de detectives e intentaron localizar libros mal colocados e indicar onde deberían estar, asociando sempre a colocación á etiqueta de cor.
  • Visitan unha vez á semana a biblioteca para coller libros e fan unha pequena ficha sobre o libro no que empezan a identificar partes como o título.
  • Visitan a biblioteca no recreo  dúas veces ao mes para escoitar contos. 

Co alumnado de educación primaria traballáronse os seguintes:
  1. Coñecer a etiqueta e os datos que aporta.
  2. Coñecer e comprender a CDU.
  3. Relacionar libros con signaturas.
  4. Buscar a través do OPAC Meiga.
  5. Coñecer as normas da biblioteca.
  6. Recoñecer e manter a orde nos libros e no resto de material da biblioteca.
Realizaron as seguintes actividades:

  • Visionado do power point "COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA"
  • Colocaron etiquetas aos libros.
  • Localizaron libros mal colocados e puxeronos no seu lugar.
  • Buscaron libros no noso OPAC MEIGA
  • Ensinámoslle os andeis e o material que se atopan en cada un deles.

Aquí vos queda un vídeo con algúns dos momentos



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA