Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

CLUB DE LECTURA

Imaxe
Este curso estamos de estrea. Chega con ganas á nosa biblio o CLUB DE LECTURA , no que o alumnado voluntario de 6º EP ten moito que dicir!! Plan de rescate , de Antía Yáñez, foi o primeiro libro escollido por eles e elas. A historia non pode estar resultando máis emocionante e senón escoitade as primeiras suposicións sobre o que pode acontecer.

DÍA DA AMIZADE E O AMOR

Imaxe
E se febreiro estivo cargado de conmemoracións que levaron ao noso alumnado á pescuda de información, posta en escena e demais, o amor e a amizade tamén tiveron o seu momento especial a través de notas escritas con moito agarimo e acompañadas de agasallos elaborados polo alumnado.  Foi unha xornada de Amigo/a invisible  entre alunmnado e profesorado, emocionante e divertida, na que todos e todas participamos con ilusión!!

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Imaxe
No mes de febreiro, tamén tivo protagonismo a ciencia a través de importantes mulleres científicas, relacionadas, na súa meirande parte, co mundo animal do proxecto de centro "Animalarium".

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
O pasado 23 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro , entre poesía e ilustración. Poesía no noso especial "recreo rosaliano" e ilustración, a través da canción de Uxía Senlle, Rosalía pequeniña . A maiores do resumo desa xornada, quedan por aquí tamén os recitados completos do alumnado de 3º EP a 6º EP.