Na última semana de Nadal todas as aulas preparararon un conto para narrar a outra aula. Estes foron algúns dos resultados. Polo Nadal, os nenos de 5º de primaria inventamos un conto titulado "A noite do 5 de xaneiro". Primeiro fixemos unha tormenta de ideas para decidir personaxes principais, lugares onde suceden os feitos, obstáculos que atopan, etc...Logo por equipos creamos os contos e ao final fusionamos ideas. Neste código QR, usando unha aplicación do móbil que o le, podedes ver o noso conto. Esperamos que vos guste! O alumnado de 5 anos contou ao alumnado de 6º o conto "O TREN DE INVERNO" . Mirade que ben o fixeron. O alumnado de 3ºde primaria contou ao alumnado de 1º o conto "O NADAL DE ERNESTO E CELESTINA". O alumnado de 1º de primaria contoulle o conto "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS" ao alumnado de 4º e 5º de infantil. O alumnado de 2º de primaria contou o conto "A princ