Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
Durante estas dúas semanas estivemos  traballando a ROSALÍA DE CASTRO nas distintas clases. Aprendemos sobre a súa vida e obra ( OS BOLECHAS ,  LIM ), escoitamos cancións  e tamén algún dos seus poemas. Como xa estamos no Entroido disfrazámonos de Rosalía. E ata nos animamos a recitar un anaquiño dalgún dos seus poemas.

OS ELECTRECOS

Imaxe
Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º participou na actividade ofrecida polos Bolechas Electrecos , onde lles falaron de pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.  Estiveron moi atentos e de seguro que a partir de agora terán máis conciencia do tema.

IV SESIÓN CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
Hoxe o alumnado de Infantil desfrutou de outra sesión de contacontos a cargo dunha mamá. Neste caso foi Betty que lles contou a historia de " UNHA XOANIÑA LACAZANA ". Como veredes a continuación no vídeo estiveron moi atent@s!!     Moitas grazas Betty pola túa colaboración!!!

SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE

Imaxe
Durante toda esta semana imos celebrar no cole a semana do amor e a amizade 💏💘. Toda a semana soará a canción "EU TEÑO ALGUÉN". Desde o equipo de biblioteca propuxemos escribir de forma anónima, mensaxes de amor a alguén do colexio, e colocalas nos taboleiros situados na entrada do colexio.  MIRADE COMO SE ENCHERON AO LONGO DA MAÑÁ!!! Despois todos/as foron buscar se tiñan algunha adicada. Estaban emocionadísimos!!!!💓