Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

ACTIVIDADES SEMANA DO DÍA DO LIBRO📗

Imaxe
Durante esta semana fixemos diferentes actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO . O luns comezamos facendo o apadriñamento lector que vimos realizando desde hai varios cursos. Como este ano o tempo non axudou, a lectura fixémola polos diferentes espazos interiores e os exteriores que estaban cubertos. Aquí podedes ver algúns momentos da actividade. O venres o alumnado de 3º realizou unha sesión de contacontos para o alumnado de infantil utilizando o kamishibai. Mirade que ben o fixeron!!! E por último relacionado co proxecto deste ano, fixemos un libro onde aparecen recollidos diferentes aspectos dos xogos traballados durante o segundo trimestre, algúns dos cales puxemos en práctica na "EXPO DO XOGO" realizada semanas atrás. Mostrarémosvos o resultado nuns días.

DÍA DO LIBRO

Imaxe

VI SESIÓN CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
O venres, Diana nai de Carla e Martín fixo de novo unha visita á nosa biblioteca para participar na sesión de contacontos para infantil.  Desta vez contoulles o conto " EL PEZ ARCOIRIS ".  Mirade que atentos/as estaban.  MOITAS GRAZAS DIANA!!!!

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Imaxe