ACTIVIDADES SEMANA DO DÍA DO LIBRO📗

Durante esta semana fixemos diferentes actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO.
O luns comezamos facendo o apadriñamento lector que vimos realizando desde hai varios cursos. Como este ano o tempo non axudou, a lectura fixémola polos diferentes espazos interiores e os exteriores que estaban cubertos.
Aquí podedes ver algúns momentos da actividade.



O venres o alumnado de 3º realizou unha sesión de contacontos para o alumnado de infantil utilizando o kamishibai.
Mirade que ben o fixeron!!!




E por último relacionado co proxecto deste ano, fixemos un libro onde aparecen recollidos diferentes aspectos dos xogos traballados durante o segundo trimestre, algúns dos cales puxemos en práctica na "EXPO DO XOGO" realizada semanas atrás. Mostrarémosvos o resultado nuns días.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA