Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

A HISTORIA DOS MEUS CONTOS

Actividade de fomento da lectura e amor polos libros.

Día do libro 2020, alumn@s 2 e 3 de primaria

Imaxe
Onte, día 23 de abril conmemórouse o día do libro e dos dereitos do autor, o alumnado de segundo e terceiro de primaria, xunto aos seus tirores, quixeron plasmar nunha imaxe, o que son os seus libros favoritos....

TRABALLOS DÍA DO LIBRO 2020

Imaxe
GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

CON MIS PALABRAS

Imaxe
Para tal día coma hoxe, Día do libro (en confinamento), aquí vos deixamos unha historia contada en familia e para as familias. Un bonito conto escrito por Cristina Tébar e con ilustracións de Mar Ferro. Tal e como di a autora do libro, os conflitos forman parte das relacións, e no momento en que nenos e nenas comezan a relacionarse é normal que xordan. O noso papel como adultos é observar e acompañar coa mínima intervención necesaria para permitirlles ir aprendendo a resolvelos dunha forma pacífica e respetuosa. Ao principio teremos que intervir máis para facilitarlles ferramentas e recursos de comunicación non violenta pero pouco a pouco a nosa intervención deixará de ser necesaria.

ACTIVIDADE 4º PRIMARIA

O alumnado de 4º curso de educación primaria queren desexarnos un FELIZ DÍA DO LIBRO con este precioso poema.

📙📘DÍA DO LIBRO 2020📙📘

Imaxe
Esta semana celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor (23 abril). Por eso desde a biblioteca propoñémosvos esta actividade. MODELO PARA INFANTIL  MODELO PARA PRIMARIA

MÁIS RECURSOS PARA O CONFINAMENTO

Deixámosvos máis recursos  en liña para estes días que temos que estar na casa. Colectivo NOGA (Narración oral galega) : selección de contos narrados por mulleres. A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ofrécenos unha serie de recursos literarios (recitados, refráns, adiviñas). Audicontos (en castelán) Radio Picariña  (canal infantil e xuvenil da Radio Galega) Aventuras no monte das Artes da Cidade da Cultura (xogos e enigmas) Salón do Libro ( xogos coas letras , contos cantados (Contos por teléfono- Gianni Rodari) O departamento de orientación fainos  desde o seu blogue. tamén algunhas recomendacións .

CHARLAS SEMANA DA MULLER

Imaxe
Unha das actividades para conmemorar o "Dia da muller" foi organizar unhas charlas onde mulleres relacionadas co colexio nos viñeran contar as súas experiencias. Debido á repentina suspensión das clases soamente puidemos levar a cabo as do día 12 de marzo. Ana é nai dunha ex-alumna do colexio e ten unha firma de roupa de tallas grandes coa que comezou na parroquia de Santiago de Oliveira.   Contounos como é o seu traballo e contestou ás preguntas que lle fixeron. Dorinda é a avoa dun alumno do cole e veu contarnos como era a vida das mulleres no pasado e tamén contestou as moitas curiosidades do alumnado. Para rematar cantounos unhas cancións

📖 O LIBRO DA TÚA VIDA 📖

Imaxe