Publicacións populares deste blog
YAYOI KUSAMA
Os neno@s e a mestra da aula de 5 anos, o xoves 22 de marzo celebramos o 89 cumpleanos da nosa pintora YAYOI KUSAMA cunha festa moi divertida ,na que cantamos,comemos e bailamos moito. Aquí vos deixamos un video coas mellores imaxes da festaza!!!.Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentarios.
URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA.
Na clase de TERCEIRO seguimos traballando a Urbano Lugrís. Desta volta, e xa "mergullados" no seu MAR particular estamos traballando o seu cadro titulado MARIÑA SURREALISTA. Fonte: "Museo de Belas Artes da Coruña" É quizais un dos cadros máis representativos e icónicos de Lugrís: onde aparece unha serea e tamén unha buguina. E podemos observar que Urbano firma as súas obras acompañadas dunha áncora. Hoxe falamos do cadro, observámolo, demos a nosa opinión e fixemos a nosa versión de cores da propia obra. Por outra banda tamén descubrimos que a poeta e escritora galega Yolanda Castaño , e como actividade xestionada polo Museo de Belas Artes da Coruña , escribiu un conto infantil co mesmo título do cadro e baseado no mesmo. Miramos este "prezi" sobre o conto que nos gustou moito , elaborado por Ramón París Lago sobre o mesmo, e encantounos!!!! Acó vos quedan unhas poucas fotos
Comentarios
Publicar un comentario