Na aula de 5 anos fixemos unha pomba da paz ó estilo YAYOI KUSAMA ...mirade que bonita nos quedou!!!!! Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos vos desexan UN FELIZ DÍA DA PAZ!!!!
Onte houbo unha nova sesión de contacontos para o alumnado de Infantil na biblioteca. Esta vez unha pequena representación de 5º de Educación Primaria contoulles o conto QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR? de Kiko Da Silva. ENCANTOULLES!!!!
Este mes en 1º estivemos traballando o AUTORRETRATO DE VAN GOGH. Primeiro fixemos un pouco de traballo de investigación para saber que era un autorretrato e unha vez feito esto, comezamos facendo o noso autorretrato. Finalmente fixemos unha reprodución dun dos autorretratos de Van Gogh ( AUTORRETRATO CON SOMBREIRO DE FIELTRO GRIS ) e colocámolo na porta da clase. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo co noso traballo. Agardamos que vos guste!!!
O noso proxecto " UN MUNDO DE CORES " xa está en marcha, e para facilitar un pouco o traballo, fixemos unha pequena selección de libros relacionados co tema. Ademais disto agregamos no MEIGA como materia o título do proxecto (Un mundo de cores) para facilitar a busca de libros no catálogo.
YAYOI KUSAMA pintaba moitos cadros,nós queremos pintar coma ela tamén. Por iso,na aula de 5 anos,xa está en marcha o noso RECANTO DE YAYOI KUSAMA ,mirade que ben pintamos !!!
Os nenos e a mestra da aula de 5 anos recomendamos a lectura para o mes de xaneiro do libro " A MOSCA CHOSCA" de EVA MEJUTO e SERGIO MORA ,da EDITORIAL KALANDRAKA. Eperamos que vos guste!!!!