Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

ARTE EN EXPOANIMALARIUM

Imaxe
O alumnado de 6º EP foi o encargado da parte audiovisual da exposición final do PDI, pescudando os animais investigados (animais que sandan) en distintas manifestacións artísticas e poñendo voz ás montaxes realizadas.

EXPOANIMALARIUM

Imaxe
E ao fin chegou a tarefa final do PDI deste curso: EXPOANIMALARIUM. Unha exposición aberta a toda a comunidade educativa, na que o alumnado amosou e compartiu con compañeiros e compañeiras así coma con familiares, as aprendizaxes deste curso materializadas en traballos creativos, plásticos, visuais e audiovisuais, de narración oral e escrita e unha chea de cousas máis. Deixámosvos cunha pequena mostra da mañá tan bonita que vivimos.

CLUB DE LECTURA... INICIO E FIN

Imaxe
Alá polo mes de febreiro comezaba a súa andanza o noso CLUB DE LECTURA, con moitas expectativas de cara á nosa primerira lectura, Plan de rescate , de Antía Yáñez.  A maiores de cumprir ditas expectativas, conduciu ao alumnado do club a un pensamento crítico sobre temas como a diversidade ou o respecto entre pais e fillos/as e viceversa. No seo do club tamén se xestou algunha que outra sorpresa da que puidemos desfrutar conxuntamente. E chegou a quenda dunha lectura, que puxo fin á nosa andanza polo club,  Strawberry moon. La hija de la luna , de Laia López. Fixemos os nosos primeiros apaños co Croma para sembrar a curiosidade sobre o que podería versar. E xa por último, tras devorar a lectura e con ganas da segunda parte, o alumnado do club montou un booktrailer da historia... Será tal vez unha das vosas lecturas de verán? Tede coidado por onde nadades e co que vos atopades!!! Vémonos á volta!!!

RADIO COTO DO GATO: POEMAR O MAR

Imaxe
Desfrutando dos versos do seu padriño de aula, Antonio García Teijeiro, nenos e nenas de 5º EP recitáronos con moito sentimento e agarimo nun programa de radio especial adicado ao mesmo.

RADIO COTO DO GATO: AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA

Imaxe
A risa como terapia é a empregada pola doutora Ledicia cos seus e as súas particulares pacientes. Se non o credes, ou queredes pasar un bo anaco, escoitade a escena primeira desta divertida obra de teatro de Raquel Castro, nas voces do alumnado de 4º EP.

ANIMALARIUM... XOGANDO

Imaxe
Tres en liña, xadrez, damas, Memory, Animaflash, Adiviña quen... son algúns dos xogos que o alumnado recreou adaptándoos á temática do PDI deste curso, aproveitándose dos seus beneficios e compartíndoos con toda a comunidade educativa na exposición final do proxecto: Expoanimalarium . O alumnado de 2º EP, animouse a compartir con todos e todas vós as regras do seu xogo, "Animaflash", por se non tivéstedes a ocasión de poder desfrutalo na Expoanimalarium.

VERBOLARIO E CUBIC WORDS... XOGAMOS?

Imaxe
Na nosa biblio, tamén hai sitio (e cada vez máis) para os xogos de mesa. Nesta ocasión, ímosvos presentar dous dos que empregou o alumnado de 2º EP ao longo deste curso para ampliar vocabulario, mellorar a atención, fortalecer as habilidades estratéxicas do pensamento e potenciar as relacións sociais. Van descansar no verán, agardando que lle deades moito uso o próximo curso.

A BIBLIOTECA AOS NOSOS PÉS

Imaxe
E se fai pouquiño vos contabamos que algunha que outra sorpresa estabamos preparando, non podiamos deixar de compartir con vós o bonitas que quedaron as escaleiras do noso centro.  Títulos con mensaxe que se mesturan entre outros dos padriños e madriñas de aula e dan significado e beleza á entrada do cole, á entrada do noso segundo fogar.

MENOS PLÁSTICO, MÁIS VIDA

Imaxe
Dentro do marco do noso PDI tamén hai cabida para o coidado do medio ambiente, concienciándonos da redución do consumo dos plásticos.  Con motivo do Día do Medio Ambiente , argallouse a confección de bolsas de tea para o alumnado e profesorado, partindo de deseños creados por nenas e nenos dos distintos niveies, en base aos animais investigados.

VISITA DE LEDICIA COSTAS, MADRIÑA DE AULA

Imaxe
O venres pasado contamos cunha visita moi especial no centro. Despois de pasar acompañados e acompañadas as útlimas semanas por Petunio, Dinamito, Pochiña, Maya, Penoso, Eleonora, Morgan e a señora Culppeper, desfutamos dunha amena xornada coa súa creadora, Ledicia Costas. E continuando co proxecto de amadriñamento/apadriñamento das aulas comezado fai uns cursos, Ledicia converteuse na nosa nova madriña: madriña da aula de 4º de primaria. Mil grazas Ledicia!!!

CLÍNICA VETERIANARIA KIVET

Imaxe
A semana pasada, recibimos unha importante visita dentro do marco do noso PDI. Pilar e Noemí, veterinaria e auxiliar de veterinaria da clínica Kivet, compartiron co alumnado e profesorado anécdotas e información sobre a hixiene, vacinas, alimentación, curiosidades e coidados en xeral das mascotas.

RADIO COTO DO GATO: RATA LINDA DE COMPOSTELA

Aproveitando o mes de maio, mes das Letras Galegas , os nenos e nenas de 2º EP compartiron a través da emisora escolar unha historia dun dos importantes escritores da nosa literatura: Bernardino Graña. Nas súas voces... Rata Linda de Compostela

RADIO COTO DO GATO: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Continuando coas emisións en directo, chegou a quenda do alumnado de 1º EP, que aproveitou a semana adicada ás Letras Galegas para pór voz aos poemas de Florencio Delgado Gurriarán. 

RADIO COTO DO GATO: AS NOSAS MASCOTAS (II)

Imaxe
Ao igual que os seus compañeiros, os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil (que se estreaban na radio) contáronnos cousiñas sobre as súas mascotas. Esoitade, escoitade!

RADIO COTO DO GATO: AS NOSAS MASCOTAS (I)

Imaxe
  Resoltos os problemiñas técnicos que o impedían, no mes de maio regresaban a Oliveira os programas en directo de Radio Coto do gato .  E quenes estrearon os directos? As nenas e nenos de 6º EI, cun interesante programa sobre as súas mascotas, acompañando así as investigacións feitas sobre as mesmas para o PDI.

LAXEIRO E O SEU MUNDO ANIMAL

Imaxe
José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, é a figura homenaxeada ao longo deste ano pola  Real Academia Galega de Belas Artes e nós, desde o cole, tamén lle rendemos a nosa pequena homenaxe a través do PDI deste curso, Animalarium.  Infinidade de animais agochados entre as súas pinturas, que nenos e nenas foron quenes de descubrir. E vós... tamén os atopades?

"ANDREA, A NENA MARABILLA"

Imaxe
O mes de abril, como vos contabamos nunha entrada anterior, tamén contou con sorpresas. Emoción para o alumnado de 6º EP, preparando o momento no que Andrea, compañeira deles e delas, recibía abraiada Andrea, a nena marabilla : unha historia escrita por ela o curso pasado que chegaba en formato libro ás súas mans.

DIVERSIMAR... COÑECENDO AS NOSAS COSTAS

Imaxe
Dentro do marco do PDI Animalarium, recibimos a visita de Eva Velasco, científica do Instituto Oceanográfico de Vigo e integrante do seu proxecto Diversimar , a través do que nos achegou ao coñecemento da biodiversidade marina de Galicia e do Cantábrico. Coincidindo a súa visita coa semana do libro no mes de abril, aproveitouse a ocasión para realizar unha escolma de libros relacionados co mar, da que, quen así o quixo, puido desfrutar.

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN

Imaxe
E xa entrados en materia animal, acompañando ao noso PDI, chegaron ao centro uns animaliños un tanto especiais.  Entre trazos, cores e sombras, o alumnado de primaria iniciouse no mundo das pinturas acuarelables, nuns divertidos obradoiros de ilustración da man de Bruno Vázquez, director de A Escola de Arte de Ponteareas. Grazas Bruno!!!

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO

Imaxe
Abril, mes do libro por excelencia, contou con diversas actividades coma contacontos, obradoiros de ilustración e algunha que outra sorpresa para o alumnado. Algunha das mesmas, terá a súa continuidade esta semana, así que estade atentos e atentas!! Cativos e cativas puideron desfrutar, non soamente dos contos nas voces dos seus familiares, senón tamén nas do voluntariado de biblioteca. Parabéns equipo!!