Continuando coas emisións en directo, chegou a quenda do alumnado de 1º EP, que aproveitou a semana adicada ás Letras Galegas para pór voz aos poemas de Florencio Delgado Gurriarán.
A biblioteca escolar ten a palabra. Esta mañá celebramos o día de onte, Día das bibliotecas escolares , cun programa especial dende a nosa emisora de radio. Programa capitaneando por Andrea e Iván, alumna e alumno de 6º EP, que animados a facernos pasar un mellor rato, deixaron a vergoña a un lado gravando tamén diante de cámara. Así mesmo, demos comezo á andaina das nosas mochilas viaxeiras, cargadas de materiais e recursos para compartir, afecto, xogo e acceso a novos coñecementos, coas familias. “A edición deste ano, baixo o lema: Bibliotecas: ler, aprender e descubrir , céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.” Así pois... FELIZ PASO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR!!!
Este curso estamos de estrea. Chega con ganas á nosa biblio o CLUB DE LECTURA , no que o alumnado voluntario de 6º EP ten moito que dicir!! Plan de rescate , de Antía Yáñez, foi o primeiro libro escollido por eles e elas. A historia non pode estar resultando máis emocionante e senón escoitade as primeiras suposicións sobre o que pode acontecer.
Comentarios
Publicar un comentario