24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGGeTeOahNLr1gWnWNEOij5GWA3YKHpPoznfHxhxA5DonURbEsO7F3tIWwDGghPpQYLpUaR-jFI4NXN6v1KsLizLNE91m7U0cWXQXOpG8Lc-M1MfF_KHe7-ao1o0hPtxjyDDIc3oEg3FI/w452-h640/IMG_20210219_132251.jpg)
Hoxe conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA no colexio. Nas clases estiveron coñecendo cousas da súa vida e traballaron fragmentos das súas obras. Na clase de 1º e 2º traballaron fragmentos dos poemas "Adeus ríos, adeus fontes" e " Imos bebendo" que recitaron acompañándoos coas ilustracións realizadas por eles/as. Ademais disto, o Equipo de Dinamización da Lingua propuxo facer caligramas partindo do retrato de Rosalía. Aquí podedes ver algún dos traballos.