Publicacións

ESTAMOS DE VOLTA!!

Imaxe
Estamos de volta!! E así, por todo o alto, entre pandeiretas, libros, historias e natureza, reabrimos as portas da nosa biblioteca, de man de Anxo Moure e a súa biciblioteca, cargada de historias que fixeron as marabillas entre nenos, nenas e profesorado.  Grazas a Yaiza, Sofía Fernández, Sofía Ocampo, Daniela Painceira e Xoel, por acompañarnos coa vosa música e grazas enormes a Anxo Moure por achegar historias repletas de natureza e paz ao noso alumnado. Lembra que sempre estaremos unidos por ese triángulo musical que moitas máis aventuras terá que contar!

ARTE EN EXPOANIMALARIUM

Imaxe
O alumnado de 6º EP foi o encargado da parte audiovisual da exposición final do PDI, pescudando os animais investigados (animais que sandan) en distintas manifestacións artísticas e poñendo voz ás montaxes realizadas.

EXPOANIMALARIUM

Imaxe
E ao fin chegou a tarefa final do PDI deste curso: EXPOANIMALARIUM. Unha exposición aberta a toda a comunidade educativa, na que o alumnado amosou e compartiu con compañeiros e compañeiras así coma con familiares, as aprendizaxes deste curso materializadas en traballos creativos, plásticos, visuais e audiovisuais, de narración oral e escrita e unha chea de cousas máis. Deixámosvos cunha pequena mostra da mañá tan bonita que vivimos.

CLUB DE LECTURA... INICIO E FIN

Imaxe
Alá polo mes de febreiro comezaba a súa andanza o noso CLUB DE LECTURA, con moitas expectativas de cara á nosa primerira lectura, Plan de rescate , de Antía Yáñez.  A maiores de cumprir ditas expectativas, conduciu ao alumnado do club a un pensamento crítico sobre temas como a diversidade ou o respecto entre pais e fillos/as e viceversa. No seo do club tamén se xestou algunha que outra sorpresa da que puidemos desfrutar conxuntamente. E chegou a quenda dunha lectura, que puxo fin á nosa andanza polo club,  Strawberry moon. La hija de la luna , de Laia López. Fixemos os nosos primeiros apaños co Croma para sembrar a curiosidade sobre o que podería versar. E xa por último, tras devorar a lectura e con ganas da segunda parte, o alumnado do club montou un booktrailer da historia... Será tal vez unha das vosas lecturas de verán? Tede coidado por onde nadades e co que vos atopades!!! Vémonos á volta!!!

RADIO COTO DO GATO: POEMAR O MAR

Imaxe
Desfrutando dos versos do seu padriño de aula, Antonio García Teijeiro, nenos e nenas de 5º EP recitáronos con moito sentimento e agarimo nun programa de radio especial adicado ao mesmo.

RADIO COTO DO GATO: AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA

Imaxe
A risa como terapia é a empregada pola doutora Ledicia cos seus e as súas particulares pacientes. Se non o credes, ou queredes pasar un bo anaco, escoitade a escena primeira desta divertida obra de teatro de Raquel Castro, nas voces do alumnado de 4º EP.

ANIMALARIUM... XOGANDO

Imaxe
Tres en liña, xadrez, damas, Memory, Animaflash, Adiviña quen... son algúns dos xogos que o alumnado recreou adaptándoos á temática do PDI deste curso, aproveitándose dos seus beneficios e compartíndoos con toda a comunidade educativa na exposición final do proxecto: Expoanimalarium . O alumnado de 2º EP, animouse a compartir con todos e todas vós as regras do seu xogo, "Animaflash", por se non tivéstedes a ocasión de poder desfrutalo na Expoanimalarium.

VERBOLARIO E CUBIC WORDS... XOGAMOS?

Imaxe
Na nosa biblio, tamén hai sitio (e cada vez máis) para os xogos de mesa. Nesta ocasión, ímosvos presentar dous dos que empregou o alumnado de 2º EP ao longo deste curso para ampliar vocabulario, mellorar a atención, fortalecer as habilidades estratéxicas do pensamento e potenciar as relacións sociais. Van descansar no verán, agardando que lle deades moito uso o próximo curso.