CLUB DE LECTURA... INICIO E FIN

Alá polo mes de febreiro comezaba a súa andanza o noso CLUB DE LECTURA, con moitas expectativas de cara á nosa primerira lectura, Plan de rescate, de Antía Yáñez. 

A maiores de cumprir ditas expectativas, conduciu ao alumnado do club a un pensamento crítico sobre temas como a diversidade ou o respecto entre pais e fillos/as e viceversa.

No seo do club tamén se xestou algunha que outra sorpresa da que puidemos desfrutar conxuntamente.

E chegou a quenda dunha lectura, que puxo fin á nosa andanza polo club, Strawberry moon. La hija de la luna, de Laia López.

Fixemos os nosos primeiros apaños co Croma para sembrar a curiosidade sobre o que podería versar.



E xa por último, tras devorar a lectura e con ganas da segunda parte, o alumnado do club montou un booktrailer da historia... Será tal vez unha das vosas lecturas de verán?


Tede coidado por onde nadades e co que vos atopades!!!
Vémonos á volta!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA