Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

Xerlo e Amara (capítulo 9)

 

INVESTIGANDO CON GALICIENCIA

 Dentro das actividades de Galiciencia  o alumnado de segundo e cuarto de educación primaria descubriron a importante relación entre ciencia, tecnoloxía e investigación policial. Convertíronse en policías da unidade CSI e resolveron a misteriosa desaparición dunha tarta nun taller virtual impartido por David Ballesteros. Aquí podedes ver unha pequena mostra do que fixemos!

A ARTE A TRAVÉS DA HISTORIA

Imaxe
Nesta entrada mostramos as obras recreadas polos diferentes cursos. Cada curso traballou unha etapa histórica e recreou unha obra dela.  PREHISTORIA  O alumnado de 1º recreou as Venus de Willendorf. O alumnado de 2º traballou as pinturas rupestres e recreou "A COVAS DAS MANS". IDADE ANTIGA O alumnado de 4º fixo varias recreacións de obras dos "Celtas". O alumnado de 3º investigou sobre a arquitectura romana e centráronse no acueduto de Segovia. IDADE MEDIA O alumnado de 3 e 4 anos traballaron as vidrieiras pertencentes á arquitectura gótica. IDADE MODERNA O alumnado de 5º traballou O Greco e o cadro "O cabaleiro coa man no peito".  O alumnado de 6º traballou a Leonardo Da Vinci e o cadro "A Gioconda" IDADE CONTEMPORÁNEA O alumnado de 5 anos traballou o Guernica de Pablo Picasso cunha recreación empregando ceras.

CIENCIA NA BIBLIO... "AZUCRE?"

Imaxe
  Esta semana foi o alumnado de 4º EP o que se converteu en equipo científico para experimentar a combinación ÁCIDO + SAL. Pero nesta ocasión, o medio ácido non foi vinagre senón REFRESCO DE COLA, que como puideron comprobar, está realizado con auga carbonatada, é dicir, con auga máis ácido carbónico. A maiores da auga carbonatada, no seu etiquetado puideron ler a presenza de AZUCRE e a cantidade do mesmo cada 100ml, así que soamente fixeron falta as matemáticas para saber o existente nunha botella de 500ml. Cantidade que representaron a través de terróns de azucre branco (5g cada un) e que resultou de asombro para todos e todas. O mesmo fixeron con outros produtos da industria alimentaria, como galletas, bolería industrial ou chocolate branco. E por que non é bo o azucre? Polo seu alto índice glucémico, é dicir, pola velocidade coa que fai aumentar os niveis de glucosa en sangue. A OMS (Organización Mundial da Saúde), recomenda non superar os 25g de azucre por día, no caso dos adu

CIENCIA NA BIBLIO... "EXPLOSIÓN DE CORES"

Imaxe
Continuamos, desde a nosa biblioteca, experimentado como verdadeiros químicos e químicas e senón preguntádelle aos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria.

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

Imaxe
 A actividade deste ano consistiu en elaborar murais sobre a vida e obra da homenaxeada este ano. O alumnado de 1º e 2º fixeron unha escolma fotográfica da súa vida. Elexiron as fotos e elaboraron un marco para colocalas no mural. O alumnado de 3º e 4º encargáronse da súa  biografía e os de 5º e 6º da súa obra. Todos os murais se expuxeron na porta de saída ao patio.  Tamén traballaron a poesía de vangarda, utilizando poemas de Xela Arias. No seguinte vídeo podedes ver algúns momentos do traballo realizado para a realización dos murais. O alumnado de 6º musicou un poema do libro "Darío a diario".

Xerlo e Amara (capítulo 8)

 

Xerlo e Amara (capítulo 7)

 

MARÍA CANOSA: A NOSA MADRIÑA

  Fai xusto hoxe dous anos, tivemos a sorte de contar coa presenza de María Canosa no noso centro para amadriñar a aula de sexto de primaria. Foi un día moi emotivo para todas e todos, no que nos deixou o seu legado para sempre. E como bos e boas amadriñados, por aquí temos ao alumnado de 6º EP desfrutando da lectura de “A cazadora de estrelas”, que a maiores lles fixo tamén pasar un bo rato de conexión, como podedes ver a continuación. A lectura que nunca nos falte… e a diversión tampouco!!