CIENCIA NA BIBLIO... "AZUCRE?"


 Esta semana foi o alumnado de 4º EP o que se converteu en equipo científico para experimentar a combinación ÁCIDO + SAL.




Pero nesta ocasión, o medio ácido non foi vinagre senón REFRESCO DE COLA, que como puideron comprobar, está realizado con auga carbonatada, é dicir, con auga máis ácido carbónico.


A maiores da auga carbonatada, no seu etiquetado puideron ler a presenza de AZUCRE e a cantidade do mesmo cada 100ml, así que soamente fixeron falta as matemáticas para saber o existente nunha botella de 500ml. Cantidade que representaron a través de terróns de azucre branco (5g cada un) e que resultou de asombro para todos e todas. O mesmo fixeron con outros produtos da industria alimentaria, como galletas, bolería industrial ou chocolate branco.



E por que non é bo o azucre?

Polo seu alto índice glucémico, é dicir, pola velocidade coa que fai aumentar os niveis de glucosa en sangue.

A OMS (Organización Mundial da Saúde), recomenda non superar os 25g de azucre por día, no caso dos adultos, e 18g no caso da poboación infantil (0 azucre ata os 2 anos de idade), así que cal é o seu equivalente en terróns de azucre para nenos e nenas? Exacto!! Pouco máis de 3!! 

Foi tan visual, que algún xa empezaron a facer cálculos dos seus almorzos, merendas…

Pero tamén coñeceron as ALTERNATIVAS máis saudalbles (polo seu baixo íncide glucémio) e agora só teñen que animarse a probar!!



Comentarios

  1. q ben o pasan aprendendo Caty.me encanta a maneira q tes de q aprendan.un bico

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA