Desfrutando dos versos do seu padriño de aula, Antonio García Teijeiro, nenos e nenas de 5º EP recitáronos con moito sentimento e agarimo nun programa de radio especial adicado ao mesmo.
Este curso estamos de estrea. Chega con ganas á nosa biblio o CLUB DE LECTURA , no que o alumnado voluntario de 6º EP ten moito que dicir!! Plan de rescate , de Antía Yáñez, foi o primeiro libro escollido por eles e elas. A historia non pode estar resultando máis emocionante e senón escoitade as primeiras suposicións sobre o que pode acontecer.
Estamos de volta!! E así, por todo o alto, entre pandeiretas, libros, historias e natureza, reabrimos as portas da nosa biblioteca, de man de Anxo Moure e a súa biciblioteca, cargada de historias que fixeron as marabillas entre nenos, nenas e profesorado. Grazas a Yaiza, Sofía Fernández, Sofía Ocampo, Daniela Painceira e Xoel, por acompañarnos coa vosa música e grazas enormes a Anxo Moure por achegar historias repletas de natureza e paz ao noso alumnado. Lembra que sempre estaremos unidos por ese triángulo musical que moitas máis aventuras terá que contar!
Comentarios
Publicar un comentario