Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís . Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que: -Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos) - Foi pintor, pero tamén escritor e poeta. - Era coñecido coma o "pintor do mar" O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas) Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano... E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención.