Este é o mes de novembro está a ser o mes da ciencia en galego. Aquí tendes algúns dos libros cos que contamos en Bibliorei para facer as nosas investigacións científicas no cole.
O equipo de convivencia propuxo para conmemorar esta data facer uns debuxos que interpretaran a canción "La puerta violeta" de Rozalén. A continuación podedes atopar a montaxe da canción e moitos máis recursos para traballar este tema.
Boas tardes a todos e todas! Aquí temos a creación que os rapaces e rapazas de 6º fixeron hai unhas semanas. Un cómic de halloween! Como vedes o tema principal foi a busca das cabazas douradas. Que vos parece?