Na clase de 2º este trimestre estivemos traballando o libro "LOS VERSOS DEL LIBRO TONTO". Como finalización, e aproveitando o día da poesía, escollemos dous dos poemas do libro relacionados co XOGO. Cada un recitou un dos versos e unidos quedaron así de bonitos.
Para celebrar a SEMANA DA PRENSA fixemos un xornal no que participaron todas as clases. As noticias traballadas estiveron relacionadas co XOGO ou XOGUETE elexido por cada unha delas e este foi o resultado final. Moi interesante!! Xornal Leer más publicaciones en Calaméo
O venres contamos cunha nova sesión de contacontos realizada por unha mamá. Desta ocasión foi Vanesa mamá de Uxía de 3 anos a que veu a contar o fermoso conto A FADA DAS CAMELIAS , un libro que ten como obxectivo divulgar o mundo da camelia. MOITAS GRAZAS VANESA!!!!👏👏👏
Onte visitou o cole Estela Moreno , autora do libro " PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA " para contarnos esta fermosa historia e presentarnos a Pepuka e as súas mascotas. Despois do conto reflexionamos sobre el e debatemos sobre a igualdade e a violencia de xénero. Gustounos moito. Grazas por todo Estela. No video podedes ver algúns dos momentos
Durante estas dúas semanas estivemos traballando a ROSALÍA DE CASTRO nas distintas clases. Aprendemos sobre a súa vida e obra ( OS BOLECHAS , LIM ), escoitamos cancións e tamén algún dos seus poemas. Como xa estamos no Entroido disfrazámonos de Rosalía. E ata nos animamos a recitar un anaquiño dalgún dos seus poemas.
Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º participou na actividade ofrecida polos Bolechas Electrecos , onde lles falaron de pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Estiveron moi atentos e de seguro que a partir de agora terán máis conciencia do tema.
Hoxe o alumnado de Infantil desfrutou de outra sesión de contacontos a cargo dunha mamá. Neste caso foi Betty que lles contou a historia de " UNHA XOANIÑA LACAZANA ". Como veredes a continuación no vídeo estiveron moi atent@s!! Moitas grazas Betty pola túa colaboración!!!