DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de Abril , conmemoramos o día do libro.
Durante esta semana imos ter varias actividades relacionadas co libro e coa lectura.
Tanto a nivel de centro como a nivel de aula.
Por unha banda, haberá recomendacións lectoras de cada unha das aulas na radio do centro.
Tamén teremos un contacontos moi especial este venres ( seguiremos informando...)
E hoxe por ser o propio día do Libro fixemos unha actividade de "apadriñamento lector".
Na que o alumnado dos cursos máis altos, leulle a un neno/a dos cursos máis baixos un conto recomendado para a súa idade.
Foi o noso xeito de celebrar o día do libro cunha hora de ler "diferente", xa que afillados/as e padriños e madriñas saíron ó patio para desfrutar dunha boa lectura ó aire libre.
Os afillados/as en agradecemento polo conto fixeron uns "marcapáxinas" chulísimos para agasallarlles ós seus contadores de contos.
Foi unha actividade moi interesante e divertida.
Acó vos deixamos unhas poucas fotos do momento.
Por outra banda os nenos e nenas de ED. Infantil, da clase de 5 anos tamén quixeron felicitarnos o día do libro, e acó nos deixaron este pequeno vídeo.
Proximamente saberdes o motivo desta felicitación, xa que van publicar outro dos seus artigos de "divertilecturas", estade ben atentos e atentas...
Proximamente saberdes o motivo desta felicitación, xa que van publicar outro dos seus artigos de "divertilecturas", estade ben atentos e atentas...
Boa lectura!
Feliz día do libro para vos tamen, e recordade que si querés aventura lánzate a letura . Por certo bonita canción a do monstro.
ResponderEliminarGrazas. A nós gustounos moito a actividade.
ResponderEliminarGracias Santiago polo teu comentario e Feliz Día do Libro para ti tamén!!!Encantounos a túa frase,nós os nen@s de 5 anos estamos empezando a collerlle gustiño a eso de ler.
ResponderEliminar