Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2018

📘✨CONTACONTOS "COLORES"✨📙

Imaxe
As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria fixeron a súa primeira sesión de contacontos para Educación Infantil. Con eles aprendemos UN    MUNDO das CORES : como crear novas cores, que o branco aclara as cores e o negro as escurece e, incluso, asistimos a unha sesión de maxia... E é que a cor amarela e vermella déronse un bico! E sabedes o que aconteceu? Pois que a páxina se volveu laranxa!😤 Mirade, mirade...

YAYOI KUSAMA

Na aula de 5 anos seguimos coñecendo a YAYOI KUSAMA 🎨e tentamos pintar coma ela,mirade que pedazo de artistas estamos feitos!!!.Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos no recanto de YAYOI KUSAMA ,hai que ver canta creatividade temos e o ben que o pasamos!!!!.Esperamos os vosos comentarios.
Imaxe
🌟17 DE MAIO DE 2018 : "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"🌟 As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria queren desexarlles un bo Día das Letras Galegas co seu poema en homenaxe a María Victoria Moreno, autora a que se lle adica este ano este día. Porque hoxe e sempre... EU CONTO, TI CANTAS EU FALO, TI FALAS O QUE? GALEGO!
Imaxe
🐋🐓UN MUNDO DE CORES "ANIMAL"🐕🐇 As alumnas e alumnos de 2º de Educación Primaria tamén coñecemos un pouquiño mellor aos animais . Investigamos sobre eles e fixemos unha pequeniña ficha e a silueta dos mesmos, enchéndoa máis tarde coas cores, formas e técnicas empregadas polas nosa autora LOUIS MAILOU JONES. Esperemos que vos gusten!
Imaxe
🌳✨PRIMAVERA DE CORES✨🌳 As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria, este trimestre, coa chegada da primavera quixemos encher de cores e plantas a nosa clase.  Para iso, planatamos garbanzos e lentellas decorando os nosos tarros coas cores e elementos que empregaba a nosa autora Louis Mailou Jones.Coidámolas e enseguida vimos como empezaban a nacer. Foi unha experiencia marabillosa. Hoxe, seguen medrando nas nosas casas.

CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Imaxe
Este curso, ademais de ter os contacontos por parte do alumnado dos cursos máis altos para os nenos e nenas de ED. Infantil , tamén viñeron ó colexio a contarlles un conto , 3 mamás e un papá ós que lles estamos moi agradecidas, polo seu tempo e por compartir un conto con nós. Acó vos queda o vídeo dos catro contos por se os queredes escoitar. O primeiro é Jano co conto "A toupiña que quería saber..." A segunda (minuto 9:12) é Diana que lles contou " A vaca que puxo un ovo". A terceira foi Pilar ( minuto 13:37) co conto de "Elmer". E por último Verónica ( minuto 19:39) co "Mago Goma". Moitísimas grazas ós 4, e ás mestras de ED. Infantil. Agardamos que para o próximo curso se animen máis papás e mamás!!!              

DÍA DA FAMILIA

Imaxe
Co gallo do día da familia, nalgunhas das clases aproveitaron para relacionar o agasallo das familias co proxecto "Un mundo de cores". E así por exemplo na clase de terceiro, que están traballando a  Urbano Lugrís  fixeron dúas áncoras. Xa que Urbano sempre que asinaba un dos seus cadros engadía unha áncora, coma simboloxía na súa sinatura. Ás veces ía canda o seu nome, outras veces estaba escondida nalgún lugar do cadro , pero como son moi observadores sempre as localizan. Por outra banda, na clase de 2º de Educación Primaria fixemos uns lienzos coas cores da nosa autora LOUIS MAILOU JONES , facendo coas nosas mans un corazón.  👥✨Feliz Día da Familia✨👥 "Onde a vida comeza e o amor nunca remata" Na aula de 5 anos personalizamos unhas pizarras,co debuxo das nosas famillias,mirade que guap@s quedastes tod@s!!! E que dicir da decoración dos agasallos con un feixe de  círculos de cores lembrando así a YAYOI KUSAMA. E

BUSCA DE INFORMACIÓN

Imaxe
Hoxe chegou á biblioteca un novo número da revista REPORTERO DOC e nela atopamos algo moi interesante que nos pode axudar á hora de buscar información. 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no colexio.  Léronse e recitáronse poemas, as pandereteiras do colexio tocaron, cantaron e bailaron e para finalizar contamos coa actuación de Migallas . Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.

SORTEO DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Hoxe durante o festival das LETRAS GALEGAS fixemos o sorteo do concurso que se desenvolveu durante a semana pasada.  O alumnado de infantil foi a man inocente. Aquí tedes aos gañadores c os seus agasallos. Como nota final (e aínda que o concurso era so para alumnado)  en  agradecemento á implicación  neste blogue  e á súa participación  no concurso  (acertando todas as preguntas) entregamos un diploma, que recolleron os seus fillos,  a Santiago Estévez .   

CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
Hoxe tivemos unha nova sesión de contacontos para o alumnado de infantil na biblioteca. Nesta ocasión foi Verónica unha mamá que veu facerlles pasar un momento agradable co fermoso conto do MAGO GOMA, unha historia que a través do verso nos fai ir a un mundo fantástico onde todo é posible. Aquí vos quedan unhas fotos do momento.

PRESENTACION DE KIBUKO

Imaxe
Hoxe o alumnado de 6º participou na presentación do libro Kibuko no C.E.I.P Nosa Señora dos Remedios. O seu autor Xavier Estévez Ferreiro contoulles moitas cousas sobre el, sobre o libro e sobre a súa profesión como escritor e como punto final asinoulles os libros. Para rematar o alumnado participante deulle uns agasallos e finalizou o encontro cunha gran merendola. Estivo xenial!!!!

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

Bueno esto chegou á súa fin. Recordade respostar ás 4 preguntas e meter a papeleta no buzón da entrada do ximnasio. CUARTA E ÚLTIMA PREGUNTA CAL FOI O SEU PRIMEIRO LIBRO ESCRITO E PUBLICADO EN GALEGO? O luns faremos durante o Festival das Letras o sorteo entre todos os participantes que teñan as 4 respostas correctas. Moitísimas sorte!!!!

CONCURSO LETRAS GALEGAS

Aquí tedes a preguntiña de hoxe Seguro que sabiades que MARÍA VICTORIA MORENO sabía falar unha chea de idiomas.  3ª PREGUNTA PODERIADES DICIR CATRO DOS IDIOMAS QUE ELA FALABA? Mañá diremos a última pregunta do concurso.   

Folleto Picasso

Imaxe
Os alumnos de quinto, Tomás e Nicolás, botaron man da imaxinación e crearon este orixinal folleto no que se poden observar as obras máis destacadas do artista Pablo Picasso, asi coma, os seus períodos artísticos máis salientables.

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

Aí vos vai a pregunta de hoxe. 2ª PREGUNTA EN QUE LOCALIDADE NACEU MARÍA VICTORÍA MORENO? OLLO!!! Fixádevos ben na pregunta. Moita sorte.

CONCURSO LETRAS GALEGAS

Hoxe comezamos o concurso de preguntas das LETRAS GALEGAS. Desde hoxe ata o xoves na radio farase unha pregunta cada día, que terán que respostar correctamente na papeleta que se entregou nas clases. PRIMEIRA PREGUNTA Cal é o numero de rexistro do libro "EU CONTO TI CANTAS" que temos na nosa biblioteca? A resposta podédela atopar no opac ou buscando o libro na biblioteca. MOITA SORTE!!!!

YAYOI KUSAMA

Como xa vos adiantamos noutra publicación,na aula de 5 anos temos a nosa propia YAYOI KUSAMA ;eso si,  en papel pero que fixemos entre todos y que nos quedou monísima!!!! De  feito puido estar rematada a tempo para celebrar o seu cumpleanos o pasado 22 de marzo. Aquí vos deixamos un video dese traballo,esperamos que vos guste .Seguro que notades algo raro cando vexades o video....a ver se sodes capaces de saber que é??. Esperamos impacientes os vosos comentarios!!!!.

RECOMENDACIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA PARA AS LETRAS GALEGAS

Imaxe