DÍA DA FAMILIA
Co gallo do día da familia, nalgunhas das clases aproveitaron para relacionar o agasallo das familias co proxecto "Un mundo de cores".
E así por exemplo na clase de terceiro, que están traballando a Urbano Lugrís fixeron dúas áncoras.
Xa que Urbano sempre que asinaba un dos seus cadros engadía unha áncora, coma simboloxía na súa sinatura.
Ás veces ía canda o seu nome, outras veces estaba escondida nalgún lugar do cadro , pero como son moi observadores sempre as localizan.
Por outra banda, na clase de 2º de Educación Primaria fixemos uns lienzos coas cores da nosa autora LOUIS MAILOU JONES, facendo coas nosas mans un corazón.
👥✨Feliz Día da Familia✨👥
"Onde a vida comeza e o amor nunca remata"
Na aula de 5 anos personalizamos unhas pizarras,co debuxo das nosas famillias,mirade que guap@s quedastes tod@s!!! E que dicir da decoración dos agasallos con un feixe de círculos de cores lembrando así a YAYOI KUSAMA. Esperamos que vós fixera tanta ilusión coma a nós, por eso vós desexamos FELIZ DÍA DA FAMILIA A TOD@S!!!
Os máis maiores (6º) decidíronse por uns posavasos para lembrar que a obra de Miró está chea de cores e de figuras xeométricas marabillosas, que quitan ata a sede soamente con miralas.
Comentarios
Publicar un comentario