LECTURA DURANTE O CONFINAMENTO

Durante este tempo que temos que quedar en casa, podemos aproveitar para viaxar a través dos libros e deixar voar por uns momentos a nosa imaxinación.
Desde a biblioteca deixámosvos algúns enlaces que neste tempo nos permiten acceder ao marabilloso mundo da lectura.

GaliciaLe A plataforma de préstamo de obras das bibliotecas públicas galegas permite rexistrar a todo aquel que non teña carné de ningunha biblioteca municipal para poder acceder aos libros.

Baía Edicións permite descargar algúns títulos por idades para a súa descarga e lectura.

O xornal O papagaio ofrece algúns dos seus números para ler.

Kalandraka na súa canle ofrecen unha serie de contos contados para ver na casa.

Xerais ofrece catro títulos para abrirlle a porta á lectura en galego.

Aulas galegas.org teñen un apartado de lecturas compartidas.

Óscar María Barreno ofrécenos a lectura dalgún dos seus libros gratuitamente.

No blogue do cole podedes ver unha selección de libros en castelán de lectura fácil





Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA