Creación do stop-motion

 Bos días outra vez!

Vistes xa o vídeo dos desexos de Nadal do cole de Oliveira? 

A verdade é que no cole temos un montón de artistas.  

Hoxe pasamos por aquí para deixarvos o proceso de elaboración do Stop-Motion que fixo o grupo de 6º. 

Comecemos polo principio... que é un Stop-motion? É unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos mediante unha sucesión de fotos nun corto período de tempo.

De feito para facer este vídeo necesitamos facer mais de 170!

PASOS PARA A ELABORACIÓN DO STOP-MOTION: 

1º Escollemos a idea para o vídeo e construimos unha cronoloxía.


2º Construímos as pezas necesarias para o escenario. Nós escollemos facer figuras con materiais como plastilina, limpapipas...






3º Unha vez que xa tivemos todo o material preparado e o escenario construído, pasamos á gravación! Tivemos que facelo con moito coidado, parecía mais sinxelo do que realmente era...








E aquí tedes o resultado do vídeo!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

YAYOI KUSAMA

URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA.