DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A biblioteca escolar ten a palabra.

Esta mañá celebramos o día de onte, Día das bibliotecas escolares, cun programa especial dende a nosa emisora de radio. Programa capitaneando por Andrea e Iván, alumna e alumno de 6º EP, que animados a facernos pasar un mellor rato, deixaron a vergoña a un lado gravando tamén diante de cámara.

Así mesmo, demos comezo á andaina das nosas mochilas viaxeiras, cargadas de materiais e recursos para compartir, afecto, xogo e acceso a novos coñecementos, coas familias.


“A edición deste ano, baixo o lema: Bibliotecas: ler, aprender e descubrir, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.” Así pois... 

FELIZ PASO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA