Publicacións

📘✨CONTACONTOS "COLORES"✨📙

Imaxe
As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria fixeron a súa primeira sesión de contacontos para Educación Infantil. Con eles aprendemos UN    MUNDO das CORES : como crear novas cores, que o branco aclara as cores e o negro as escurece e, incluso, asistimos a unha sesión de maxia... E é que a cor amarela e vermella déronse un bico! E sabedes o que aconteceu? Pois que a páxina se volveu laranxa!😤 Mirade, mirade...

YAYOI KUSAMA

Na aula de 5 anos seguimos coñecendo a YAYOI KUSAMA 🎨e tentamos pintar coma ela,mirade que pedazo de artistas estamos feitos!!!.Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos no recanto de YAYOI KUSAMA ,hai que ver canta creatividade temos e o ben que o pasamos!!!!.Esperamos os vosos comentarios.
Imaxe
🌟17 DE MAIO DE 2018 : "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"🌟 As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria queren desexarlles un bo Día das Letras Galegas co seu poema en homenaxe a María Victoria Moreno, autora a que se lle adica este ano este día. Porque hoxe e sempre... EU CONTO, TI CANTAS EU FALO, TI FALAS O QUE? GALEGO!
Imaxe
🐋🐓UN MUNDO DE CORES "ANIMAL"🐕🐇 As alumnas e alumnos de 2º de Educación Primaria tamén coñecemos un pouquiño mellor aos animais . Investigamos sobre eles e fixemos unha pequeniña ficha e a silueta dos mesmos, enchéndoa máis tarde coas cores, formas e técnicas empregadas polas nosa autora LOUIS MAILOU JONES. Esperemos que vos gusten!
Imaxe
🌳✨PRIMAVERA DE CORES✨🌳 As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria, este trimestre, coa chegada da primavera quixemos encher de cores e plantas a nosa clase.  Para iso, planatamos garbanzos e lentellas decorando os nosos tarros coas cores e elementos que empregaba a nosa autora Louis Mailou Jones.Coidámolas e enseguida vimos como empezaban a nacer. Foi unha experiencia marabillosa. Hoxe, seguen medrando nas nosas casas.

CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Imaxe
Este curso, ademais de ter os contacontos por parte do alumnado dos cursos máis altos para os nenos e nenas de ED. Infantil , tamén viñeron ó colexio a contarlles un conto , 3 mamás e un papá ós que lles estamos moi agradecidas, polo seu tempo e por compartir un conto con nós. Acó vos queda o vídeo dos catro contos por se os queredes escoitar. O primeiro é Jano co conto "A toupiña que quería saber..." A segunda (minuto 9:12) é Diana que lles contou " A vaca que puxo un ovo". A terceira foi Pilar ( minuto 13:37) co conto de "Elmer". E por último Verónica ( minuto 19:39) co "Mago Goma". Moitísimas grazas ós 4, e ás mestras de ED. Infantil. Agardamos que para o próximo curso se animen máis papás e mamás!!!              

DÍA DA FAMILIA

Imaxe
Co gallo do día da familia, nalgunhas das clases aproveitaron para relacionar o agasallo das familias co proxecto "Un mundo de cores". E así por exemplo na clase de terceiro, que están traballando a  Urbano Lugrís  fixeron dúas áncoras. Xa que Urbano sempre que asinaba un dos seus cadros engadía unha áncora, coma simboloxía na súa sinatura. Ás veces ía canda o seu nome, outras veces estaba escondida nalgún lugar do cadro , pero como son moi observadores sempre as localizan. Por outra banda, na clase de 2º de Educación Primaria fixemos uns lienzos coas cores da nosa autora LOUIS MAILOU JONES , facendo coas nosas mans un corazón.  👥✨Feliz Día da Familia✨👥 "Onde a vida comeza e o amor nunca remata" Na aula de 5 anos personalizamos unhas pizarras,co debuxo das nosas famillias,mirade que guap@s quedastes tod@s!!! E que dicir da decoración dos agasallos con un feixe de  círculos de cores lembrando así a YAYOI KUSAMA. E...

BUSCA DE INFORMACIÓN

Imaxe
Hoxe chegou á biblioteca un novo número da revista REPORTERO DOC e nela atopamos algo moi interesante que nos pode axudar á hora de buscar información.