Publicacións

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
Hoxe conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA no colexio. Nas clases estiveron coñecendo cousas da súa vida e traballaron fragmentos das súas obras. Na clase de 1º e 2º traballaron fragmentos dos poemas "Adeus ríos, adeus fontes" e " Imos bebendo" que recitaron acompañándoos coas ilustracións realizadas por eles/as.   Ademais disto, o Equipo de Dinamización da Lingua propuxo facer caligramas partindo do retrato de Rosalía. Aquí podedes ver algún dos traballos.
Imaxe
  "CÓNTAME A HISTORIA" Prehistoria e idades antiga, media, moderna e contemporánea fan chegada ao noso blog para acompañarnos ata finais de curso nesta viaxe que comenza coa investigación sobre as vivendas existentes en cada unha delas.  Desde a vivenda ata a forma de vida, pasando por aspectos como a arte, os inventos, a música e calquera outro que suscite curiosidade no alumnado, así será o noso percorrido neste proxecto de centro que ten como obxectivo final trazar unha completa liña do tempo da que todos e todas sexan partícipes. A VIVENDA INVESTIGANDO, RECREANDO...      COMPARTINDO COÑECEMENTOS... A PREHISTORIA_A VIVENDA    IDADE ANTIGA_A VIVENDA IDADE MEDIA_A VIVENDA IDADE MODERNA_A VIVENDA IDADE CONTEMPORÁNEA_A VIVENDA

Concurso de relatos

Imaxe
Esta semana Naiara, Nerea e Iacob de 6º recibiron unha sorpresa! Hai uns meses participaron nun concurso de relatos chamado "Mi escuela ideal" para o que crearon un relato acompañado dun debuxo do que para eles sería unha escola ideal. Deixámosvos as obras destes compañeiros/as tan traballadores. Como agasallo recibiron un pen drive, unha axenda, un bolígrafo e un diploma! Noraboa por todo o traballo. Non esquezades que todo esforzo ten a súa recompensa!

Día internacional da muller e a nena na ciencia

Imaxe
Para conmemorar este día, o alumnado de 5º (E-DIXGAL) fixo un traballo de investigación sobre mulleres relacionadas coa ciencia. Elexiron á científica que lles pareceu máis interesante e fixeron un pequeno traballo con aspectos destacados acompañados con algún debuxo. Deixamos imaxes dos resultados.

1º Proxecto cos Escornabots: Biblio Rei en TIK TOK!

  Como puidestes ver na entrada anterior, xa temos os nosos Escornabots. Estes aparellos ábrennos unha morea de posibilidades.  De feito, a unha delas démoslle forma esta mesma mañá.  Coñecedes a aplicación de Tik Tok ? É unha rede social na que a xente comparte vídeos. Como lle gusta taaaaaanto taaaaaaaanto aos nenos e nenas decidimos abrirlle un tik tok á nosa biblioteca. Alí estaremos subindo vídeos cos nosos robots. Aquí tedes a LORENZO! Se nos queredes seguir o noso usuario en Tik tok é @bibliorei GRAZAS A TODOS E TODAS!

COMEZAMOS COS ESCORNABOTS!

Imaxe
Boas tardes a todos e todas! Hoxe traemos unha grande noticia. Damos comezo a unha nova era  pasamos a ser unha Biblio 3.0! E como é isto? Como sabedes este curso tivemos a sorte de ser seleccionados para participar no programa "Biblioteca creativa" que busca promover a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos dentro das bibliotecas escolares. O primeiro que vos queremos ensinar é unha das cousiñas que máis interese causou en nós. A montaxe dos Escornabots. Hoxe tocoulle facelo ao grupo de 6º de primaria. Para facelo un pouquiño emocionante comezamos o obradoiro coa seguinte presentación: Your browser does not support the video tag. Coa axuda do titorial dimos forma ao noso escornabot: Velaquí o resultado final!

Creación do stop-motion

Imaxe
 Bos días outra vez! Vistes xa o vídeo dos desexos de Nadal do cole de Oliveira?  A verdade é que no cole temos un montón de artistas.   Hoxe pasamos por aquí para deixarvos o proceso de elaboración do Stop-Motion que fixo o grupo de 6º.  Comecemos polo principio... que é un Stop-motion? É unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos mediante unha sucesión de fotos nun corto período de tempo. De feito para facer este vídeo necesitamos facer mais de 170! PASOS PARA A ELABORACIÓN DO STOP-MOTION:   1º Escollemos a idea para o vídeo e construimos unha cronoloxía. 2º Construímos as pezas necesarias para o escenario. Nós escollemos facer figuras con materiais como plastilina, limpapipas... 3º Unha vez que xa tivemos todo o material preparado e o escenario construído, pasamos á gravación! Tivemos que facelo con moito coidado, parecía mais sinxelo do que realmente era... E aquí tedes o resultado do vídeo!

Recomendacións lectoras Nadal 2020