Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2017

Van chegando ...

Imaxe
 Á nosa biblioteca están  chegando  novos libros,  algúns deles relacionados co noso   proxecto  "Un mundo de Cores"

III SESIÓN DE CONTACONTOS "A VACA QUE PUXO UN OVO"

Imaxe
O pasado  venres 15 de decembro visitounos na biblioteca do noso centro a mamá de Carla e Martín Bouzó para contarnos o conto “A vaca que puxo un ovo”. Os nenos e as nenas de Infantil dicían que as vacas non poñen ovos…pero…Diana deixoulles ben claro que si! Quedamos todos abraiados…! Moitas grazas Diana!                                   

Presentación do blogue

Imaxe
Hoxe tivemos un final da hora de ler distinto. En vez de tocar o timbre a profe Vicenta deunos unha sorpresa desde a radio!!!. Díxonos que tiñamos que ir un/unha de cada clase a recoller algo alí. Era un código QR !!!  Ao subir ás clases e coa axuda dos móbiles das mestras descubrimos que nos levaba ata este blogue. A segunda sorpresa do día foi:  unha guía sobre o uso da biblioteca, en forma de tríptico informativo, para compartir tamén coas familias. Agora xa temos o blogue da nosa biblioteca funcionando a tope!!!!