Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
A biblioteca escolar ten a palabra. Esta mañá celebramos o día de onte, Día das bibliotecas escolares , cun programa especial dende a nosa emisora de radio. Programa capitaneando por Andrea e Iván, alumna e alumno de 6º EP, que animados a facernos pasar un mellor rato, deixaron a vergoña a un lado gravando tamén diante de cámara. Así mesmo, demos comezo á andaina das nosas mochilas viaxeiras, cargadas de materiais e recursos para compartir, afecto, xogo e acceso a novos coñecementos, coas familias. “A edición deste ano, baixo o lema: Bibliotecas: ler, aprender e descubrir , céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento.” Así pois...  FELIZ PASO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR!!!

DE VOLTA!!!

Imaxe
Por aquí estamos de volta, con moita ilusión e moitos proxectos para a nosa biblioteca. Polo de agora, deixámosvos cun anaquiño do acto de apertura para este curso, que tivo lugar onte entre música e verbas.