Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

5ª SESIÓN DE CONTACONTOS

Imaxe
Onte celebrouse na biblioteca a sesión de contacontos do mes de febreiro. O alumnado de 4º curso de primaria foi o encargado de facer pasar ao alumnado de infantil un momento agradable co conto " O MORCEGO AURELIO ". Deixámosvos unhas fotos para que vexades

URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA.

Imaxe
Na clase de  TERCEIRO  seguimos traballando a Urbano Lugrís. Desta volta, e xa "mergullados" no seu MAR  particular estamos traballando o seu cadro titulado  MARIÑA SURREALISTA. Fonte: "Museo de Belas Artes da Coruña" É quizais un dos cadros máis representativos e icónicos de Lugrís: onde aparece unha serea e tamén unha buguina. E podemos observar que Urbano firma as súas obras acompañadas dunha áncora. Hoxe falamos do cadro, observámolo, demos a nosa opinión e fixemos a nosa versión de cores da propia obra. Por outra banda tamén descubrimos que a poeta e escritora galega  Yolanda Castaño , e como actividade xestionada polo  Museo de Belas Artes da Coruña , escribiu un conto infantil co mesmo título do cadro e baseado no mesmo. Miramos este "prezi" sobre o conto que nos gustou moito , elaborado por Ramón París Lago sobre o mesmo, e encantounos!!!!                                             Acó vos quedan unhas poucas fotos

ENTROIDO 2018

Imaxe
Xa rematou o Entroido 2018. Tivemos días de moita creatividade nas aulas, días para investigar sobre temas do Entroido e sobre os pintores do noso proxecto. Pasámolo  moi ben confeccionando  os disfraces, bailando e rindo moito. Deixámosvos unha mostra do desfile do venres pasado.

YAYOI KUSAMA

 Este venres 9 de Febreiro celebramos no cole a festa do "Entroido 2018".Na aula de 5 anos traballamos moito para ter a punto o noso disfrace de YAYOI KUSAMA para este día. Aquí vos deixamos o resultado, mirade que guap@s lucimos e que  ben  o pasamos!!!!

LEONARDO DA VINCI

  A aula de 5º de E.I. está aprendendo moitas cousas sobre LEONARDO DA VINCI.;así que, o día 25 de xaneiro os nen@s de 5º e 6º de E.I.  así como os de 4º de E.P. acercámonos a Vigo para ver a exposición deste pintor italiano .Mirade que ben o pasamos vendo os cadros  e experimentando todos eses inventos de LEONARDO  tan chulos!!!!. Aquí vos deixamos uns videos dese día tan especial!!!

URBANO LUGRÍS

Imaxe
Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís .  Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que:  -Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos) - Foi pintor, pero tamén escritor e poeta. - Era coñecido coma o "pintor do mar"   O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS  ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas) Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano... E fixemos unha colaxe  con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención.