Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

PROTECTORA DE ANIMAIS "OS BIOSBARDOS"

Imaxe
Dentro do marco do PDI do centro, "Animalarium", desfrutamos tanto alumnos/as como mestres/as dunha visita moi especial. Foxy e Bayek deixáronse agarimar ao tempo que Lorena, Graciela e Alba, tres das voluntarias da protectora de animais Os Biosbardos , explicaron con moito cariño como é a vida da protectora e como se pode contribuír coa felicidade dos animias que nela forman unha grande familia.

MARZO, MES DA MULLER

Imaxe
Aínda que marzo xa queda un puco lonxe, foi un mes cheo de emocións, que compartimos a través da conta de IG do cole (@ceipsantiagodeoliveira) pero non por aquí, así que imos aló. Aproveitando o traballo realizado para o  Día da nena e a muller na ciencia , continuamos investigando sobre mulleres, que nesta ocasión, fixeran historia en favor dos animais. Canto máis se mergullaron os e as peques nos libros, máis curiosidades foron descubrindo.