Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA.

Con motivo do D ía da Poesía , cada unha das aulas de primaria inventou colectivamente, un poema inspirándose nun dos cadros do autor/a que estamos a traballar en cada aula. Así combinamos a poesía e o "Mundo de Cores" no que estamos inmersos este curso. Acó vos quedan os nosos poemas.

AS PORTAS DA ARTE.

Cando chegamos a un museo o primeiro que observamos é o edificio, e o lugar polo que temos que pasar para adentrarnos é a súa porta... Acó vos quedan as  nosas portas á arte, o primeiro paso no noso museo!!!!!.

Que é un museo?

Imaxe
Os alumn@s de quinto andivemos a investigar que é un museo, fixemos un pequeno mural cunha pequena escolma dos museos españois e europeos máis destacados.

YAYOI KUSAMA

Imaxe
Os neno@s e a mestra da aula de 5 anos, o xoves 22 de marzo celebramos o 89  cumpleanos da nosa pintora YAYOI KUSAMA  cunha festa moi divertida ,na que cantamos,comemos e bailamos  moito. Aquí vos deixamos un video coas mellores imaxes da festaza!!!.Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentarios.

DIVERTILECTURA

Imaxe
Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos recomendamos a lectura deste mes de marzo do libro " COCORICO" de Marisa Nuñez e Helga Bansch de OQO EDITORA , que conta a historia dun pitiño moi especial .Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!!! Ademáis do conto aprendemos a canción de COCORICO. Aquí vós ensinamos como se baila.Atrevédevos a cantala con nós!!!!

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA.

O alumnado de terceiro ,  que como ben sabedes, está aprendendo unha chea de cousas sobre  URBANO LUGRÍS  ,buscando buscando, atopamos a páxina web do  MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA  que ten algunhas das obras máis importantes de Urbano Lugrís. Ademais de agasallarnos con estas maletiñas didácticas coas que imos aprender moito, tamén nos enviaron un exemplar do libro de Yolanda Castaño , baseado no cadro:  MARIÑA SURREALISTA.

Xornal escolar "Mundo de cores".

Xa está disponible a nova edición do xornal escolar de Santiago de Oliveira "Mundo de cores". Os nosos redactores e redactoras fixeron un arduo traballo de investigación e redacción durante a Semana da prensa para recoller neste diario as novas máis destacadas sobre a arte. Con motivo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as pequenas e pequenos informadores tamén traballaron en prol da igualdade de xénero, recadando varias novas sobre mulleres de éxito. Desde a redacción do xornal, esperamos que vos resulte de agrado. Xornal: Mundo de cores

AS NOSAS NOTICIAS DA SEMANA

Imaxe
Durante a semana da prensa estivemos traballando cos xornais nas aulas. Aproveitando eleximos a noticia que máis nos gustou para colgar no noso mural. Aquí volas deixamos.

SEXTA SESIÓN DE CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL

Onte tivemos a sexta sesión de contacontos para o alumnado de ED. Infantil. Desta volta foi unha mamá dun alumno de 1º a encargada de contalo. Moitísimas grazas pola colaboración!!  Como a nosa biblioteca escolar está en "obras de mellora" a actividade desenvolveuse na aula de 4 anos. E o conto elexido foi todo un clásico: ELMER.

SEMANA DA PRENSA, YAYOI KUSAMA

Imaxe
Esta semana da prensa no cole está chea de actividades.Unha delas é facer entre todos os cursos, un xornal con noticias sobre os pintores que se traballan no proxecto de centro "UN MUNDO DE CORES". Na aula de 5 anos elaboramos unha noticia sobre YAYOI KUSAMA, con motivo do seu 89 cumpreanos o vindeiro 22 de Marzo. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo,pasámolo moi ben deseñando os pequenos detalles. Así,é  como quedou rematada a nosa folla para o xornal.Esperamos que vos guste e nos deixedes  os vosos comentarios sobre esta  actividade!!!

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Hoxe tocoulle o turno á clase de 1º e 2º para seleccionar a súa noticia do xornal  e pegala no noso mural. O alumnado de primeiro seleccionou unha noticia do xornal na cal unha muller (Margarita Ledo) recolle o premio Otero Pedrayo que gañou grazas a súa contribución á cultura e o idioma de Galicia. O alumnado de segundo  selecionou unha nova sobre as fortes choivas que están a caer estes días en Galicia.

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Do 5 ó  9 de Marzo celebramos no cole a Semana da Prensa.Hoxe tocounos ós nenos de Educación Infantil buscar no xornal " A NOTICIA DO DÍA" .Os nenos da aula de 5 anos aprendemos moitas cousas sobre o xornal e eliximos " A  FESTA DA ARRIBADA"  como a noticia deste luns. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo de hoxe.Esperamos que vos guste!!!!

CADRO DO MES : XARRÓN CON DOCE XIRASOLES

Imaxe
Este mes na clase de primeiro estivemos traballando en Ciencias da Natureza sobre as plantas. Eleximos o xirasol , xa que foi unha planta moi importante na obra do noso pintor, Van Gogh. Investigamos algunhas cousiñas  sobre esa planta. Vimos o conto de " CAMILLE Y LOS GIRASOLES " e o vídeo das " TRES MELLIZAS E VAN GOGH " para poñernos en situación sobre o tema. Despois finalizamos o noso traballo facendo unha reprodución do cadro " XARRÓN CON DOCE XIRASOLES ". Deixámosvos un vídeo para que vexades o noso traballo.