Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

XA TEMOS GAÑADORA!!!

Imaxe
A gañadora do concurso de CREACIÓN DO LOGO foi ARIADNA IGLESIAS MARTÍNEZ de 6º de Educación Primaria.  Aquí a vemos moi contenta co seu agasallo e tamén deixamos unha foto da súa marabillosa creación. PARABÉNS ARI!!!

CREACION DE LOGOS

Imaxe
Xa temos todos os logos listos, agora toca elexir ao gañador ou gañadora que anunciaremos o próximo venres 25 de maio no programa de radio. Moita sorte a tod@s e moitas gracias por participar!  

INVESTIGANDO SOBRE OS XOGOS E OS XOGUETES

Este é o resultado final de moito traballo de investigación sobre os xogos e xoguetes elexidos por cada clase. Investigando Sobre Os Xogos E Os Xoguetes Leer más publicaciones en Calaméo

VISITA DE MARÍA CANOSA

Imaxe
O pasado martes, visitou o noso centro a polifacética escritora María Canosa, coñecida polo noso alumnado a través da lectura dalgunhas das súas obras. Foi un pracer compartir con ela un anaquiño da mañá, ao que se lle puxo fin co amadriñamento dun 6º curso de primaria moi emocionado pola súa presenza. Grazas María. Aquí te agardamos sempre que o desexes!

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2019

Imaxe
Aquí vos deixamos unha serie de actividades para traballar a figura de Antonio Fraguas , autor que se conmemora nas Letras Galegas 2019