Onte, día 23 de abril conmemórouse o día do libro e dos dereitos do autor, o alumnado de segundo e terceiro de primaria, xunto aos seus tirores, quixeron plasmar nunha imaxe, o que son os seus libros favoritos....
Para tal día coma hoxe, Día do libro (en confinamento), aquí vos deixamos unha historia contada en familia e para as familias. Un bonito conto escrito por Cristina Tébar e con ilustracións de Mar Ferro. Tal e como di a autora do libro, os conflitos forman parte das relacións, e no momento en que nenos e nenas comezan a relacionarse é normal que xordan. O noso papel como adultos é observar e acompañar coa mínima intervención necesaria para permitirlles ir aprendendo a resolvelos dunha forma pacífica e respetuosa. Ao principio teremos que intervir máis para facilitarlles ferramentas e recursos de comunicación non violenta pero pouco a pouco a nosa intervención deixará de ser necesaria.
Esta semana celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor (23 abril). Por eso desde a biblioteca propoñémosvos esta actividade. MODELO PARA INFANTIL MODELO PARA PRIMARIA
Deixámosvos máis recursos en liña para estes días que temos que estar na casa. Colectivo NOGA (Narración oral galega) : selección de contos narrados por mulleres. A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ofrécenos unha serie de recursos literarios (recitados, refráns, adiviñas). Audicontos (en castelán) Radio Picariña (canal infantil e xuvenil da Radio Galega) Aventuras no monte das Artes da Cidade da Cultura (xogos e enigmas) Salón do Libro ( xogos coas letras , contos cantados (Contos por teléfono- Gianni Rodari) O departamento de orientación fainos desde o seu blogue. tamén algunhas recomendacións .
Unha das actividades para conmemorar o "Dia da muller" foi organizar unhas charlas onde mulleres relacionadas co colexio nos viñeran contar as súas experiencias. Debido á repentina suspensión das clases soamente puidemos levar a cabo as do día 12 de marzo. Ana é nai dunha ex-alumna do colexio e ten unha firma de roupa de tallas grandes coa que comezou na parroquia de Santiago de Oliveira. Contounos como é o seu traballo e contestou ás preguntas que lle fixeron. Dorinda é a avoa dun alumno do cole e veu contarnos como era a vida das mulleres no pasado e tamén contestou as moitas curiosidades do alumnado. Para rematar cantounos unhas cancións