Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

DÍA DA PAZ: DECÁLOGOS DE BOAS PRÁCTICAS ANIMAIS

Imaxe
Aproveitando a conmemoración do Día escolar da non violencia e a paz , e con relación ao noso PDI, esta mañá nenos e nenas compartiron, micro en man, o resultado das súas reflexións respecto das boas prácticas animais. Reflexións e propostas, para desfrutar de animais felices e en PAZ, recollidas no seu propio "DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS PARA... " propietarios/as de animais de compañía salvar ás especies en perigo de extinción a protección de animais exóticos garantir unha pesca sostible protexer aos animais autóctonos os animais mitolóxicos máis poderosos os animais empregados en terapias

"ANÉCDOTAS DE ANIMAIS"

Imaxe
Aproveitando que este curso a cousa vai de animais, os nenos e nenas de segundo comparten algunhas das súas anécdotas coas súas mascotas.

"ANIMALARIUM"

Imaxe
Cans, diplodocos, axolotes, tartarugas mariñas, coellos, grifóns, serpes... Este curso, todo tipo de animais está a invadir o noso centro, no que a curiosidade e as investigacións están dando forma ao noso Proxecto Documental Integrado (PDI): "ANIMALARIUM".