Publicacións

VI SESIÓN CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
O venres, Diana nai de Carla e Martín fixo de novo unha visita á nosa biblioteca para participar na sesión de contacontos para infantil.  Desta vez contoulles o conto "ELPEZARCOIRIS".  Mirade que atentos/as estaban.







 MOITAS GRAZAS DIANA!!!!

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Imaxe

CONTACONTOS

Imaxe
Esta semana o alumnado de Infantil desfrutou dunha sesión de contacontos a cargo do alumnado de 4º de E.P. Deixámosvos unha mostra da actividade.



DÍA DA POESÍA

Imaxe
Na clase de 2º este trimestre estivemos traballando o libro "LOS VERSOS DEL LIBRO TONTO".  Como finalización, e aproveitando o día da poesía, escollemos dous dos poemas do libro relacionados co XOGO.  Cada un recitou un dos versos e unidos quedaron así de bonitos.


SEMANA DA PRENSA

Para celebrar a SEMANA DA PRENSA fixemos un xornal no que participaron todas as clases. As noticias traballadas estiveron relacionadas co XOGO ou XOGUETE  elexido por cada unha delas e este foi o resultado final. Moi interesante!!

Xornal Leer más publicaciones en Calaméo

V SESIÓN CONTACONTOS FAMILIAS

Imaxe
O venres contamos cunha nova sesión de contacontos realizada por unha mamá.
Desta ocasión foi Vanesa mamá de Uxía de 3 anos a que veu a contar o fermoso conto A FADA DAS CAMELIAS, un libro que ten como obxectivo divulgar o mundo da camelia.


MOITAS GRAZAS VANESA!!!!👏👏👏

PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

Imaxe
Onte visitou o cole  Estela Moreno, autora do libro "PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA" para contarnos esta fermosa historia e presentarnos a Pepuka e as súas mascotas. Despois do conto reflexionamos sobre el e debatemos sobre a igualdade e a violencia de xénero. Gustounos moito.
Grazas por todo Estela.  No video podedes ver algúns dos momentos