"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

Esta mañá púxose punto e case final ao PDI de centro, A auga é vida, iniciado co estudo e análise das enquisas que tan amablemente compartístedes as familias connosco e que dende entón pasou por estadísticas, experimentos, ditos, refráns, poesías, sendeirismo, saídas, investigacións, pescudas, lecturas e un longo etcétera.

Filtros caseiros, economizadores de auga, inventos, solucións á rega nas vacacións e aproveitamento da auga da chuvia, entre outras, foron algunhas das experiencias compartidas entre todo o alumnado, nesta mañá de exposición, na que a todos e todas nos quedou claro que... A auga é vida. Coidémola!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

DIVERTILECTURA