Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

CIENCIA NA BIBLIO... "FLUÍDO NON NEWTONIANO"

Imaxe
E poñendo fin aos experimentos desenvolvidos ao longo deste curso, no espazo que abrangue a nosa participación como biblioteca creativa, chega o momento da despedida co FLUÍDO NON NEWTONIANO… Sólido e líquido á vez!!! Foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de primaria, que non saía do seu asombro ao comprobar que en función da forza exercida, a mestura de auga e amidón de millo variaba de líquido a sólido. E vós, animádesvos a probar?

Xerlo e Amara (capítulo final)

 

Xerlo e Amara (Capítulo 14)

 

FIN DE PROXECTO

O venres puxemos punto e final ao proxecto de centro "Cóntame a historia", onde cada curso escenificou escenas da súa etapa. Podedes ver un vídeo coas representacións no enlace ( fai clic aquí )

Xerlo e Amara (capítulos 12 e 13)

 

PAULA CARBALLEIRA, NOVA MADRIÑA DE AULA

Imaxe
 O pasado xoves, contamos cunha desas visitas especiais que, sen dúbida, formarán parte da mochila das lembranzas dos cativos. A aula de primeiro foi amadriñada por Paula Carballeira, escritora galega que nos agasallou non soamente coa súa presenza senón cunha chea de momentos para rir e desfrutar. Moitas grazas Paula!!! E por suposto, grazas tamén a Abraham Carreiro, ilustrador dos marabillosos retratos que forman parte deste bonito proxecto de amadriñamento e apadriñamento que con tanta ilusión puxemos en marcha nos últimos cursos.

Xerlo e Amara (capítulo 11)

 

VISITA VIRTUAL DE MARÍA CANOSA: MADRIÑA DE 6ºEP

Imaxe
E así arrincaba a mañá de hoxe, cunha María Canosa amable e sorrinte ao outro lado da pantalla, e uns alumnos de sexto cativados polas respostas que tan docemente deu a súa madriña de aula a cada unha das preguntas. Houbo tempo tamén para novidades das que nos fixo partícipes,  e é que acaba de ver a luz o seu último traballo, H2… Oh!!!    Impacientes estamos por telo na nosa biblioteca! E sabedes que? Enterámonos de que Bea Gregores, a ilustradora da súa primeira biografía, Emilia Pardo Bazán , ten entre os alumnos de sexto ao seu primo… Marabillosas coincidencias!! Coma sempre, un pracer. Mil grazas María!!   

OS INVENTOS

Imaxe
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS INVENTOS QUE ELEXIRON NAS DISTINTAS CLASES REFERIDOS Á SÚA ETAPA HISTÓRICA 3-4 anos: O MUÍÑO DE VENTO (Idade Media) 5 anos: O FOGUETE (Idade Contemporánea) COHETE 2º primaria: A LANZA (Prehistoria)                                                              4º primaria: XABÓN (Idade Antiga)                                                                                 5º primaria: O COMPÁS (Idade Moderna)

Xerlo e Amara (capítulo 10)