PAULA CARBALLEIRA, NOVA MADRIÑA DE AULA

 O pasado xoves, contamos cunha desas visitas especiais que, sen dúbida, formarán parte da mochila das lembranzas dos cativos. A aula de primeiro foi amadriñada por Paula Carballeira, escritora galega que nos agasallou non soamente coa súa presenza senón cunha chea de momentos para rir e desfrutar.



Moitas grazas Paula!!!

E por suposto, grazas tamén a Abraham Carreiro, ilustrador dos marabillosos retratos que forman parte deste bonito proxecto de amadriñamento e apadriñamento que con tanta ilusión puxemos en marcha nos últimos cursos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA