DIVERTILECTURA

Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos recomendamos a lectura deste mes de abril do libro " O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas da editorial FLAMBOYANT ,no que ides coñecer un monstro que ás veces está un pouco liado coas súas emocións,e  que cambia de cor según o sentimento que o invade.
Acompañádenos nesta aventura e a poñerlle cores ós vosos sentimentos tamén!!!!


Onte,montamos un pequeno recanto dos sentimentos na nosa aula ,mirade que colorido nos quedou!!!




Onte martes 17 de abril de  2018 ,como fixo bo tempo os nen@s e a mestra da aula de 5 anos, aproveitamos para   facer a hora de ler no patio.Así que; levamos todo o necesario:o noso conto,folios de cor verde e os nosos pompeiros para facer a nosa versión do monstro verde  da calma.Por certo,gracias a todas as familias que nos mandaron todo ese feixe de pompeiros!!!!
Mirade que ben o pasamos e de paso escoitade a nosa canción do MONSTRO DE CORES que ten moito ritmo.Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentarios.


                                    DIA DO LIBRO 2018-YAYOI KUSAMA

Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos querémosvos desexar UN FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!





Hoxe 23 de abril de 2018 no cole  celebramos o Día do Libro dunha maneira moi especial.Os nenos maiores na hora de ler viñeron a buscarnos a nosa clase  para contarnos un conto no patio,mirade que ben o pasamos e o atentos que escoitamos esas historias!!!!
Como agradecemento cada neno regaloulle o seu padriño un  marcapáxinas do noso conto deste mes:O MONSTRO DE CORES por un lado e polo outro  a nosa pintora favorita YAYOI KUSAMA.Esperamos que lles guste!!!!





Comentarios

  1. Gostanos moito este monstro emocional camaleonico, nos pintamolo con un grande arco da vella para representar a felicidade. Un saudo para todos

    ResponderEliminar
  2. Moi bonitos ,gustounos moito ,un saudiño pa todos.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Antonio polo teu comentario!!.Alegrámonos moito que che guste a nosa publicación.

    ResponderEliminar
  4. Gracias Santiago polo teu comentario e por esa idea do arco da vella para o monstro amarelo da alegría e da felicidade....probaremos a debuxalo así nós tamén!!!!

    ResponderEliminar
  5. Que video mais guay,como se devirten.☺

    ResponderEliminar
  6. Gracias Rosa e Santiago por comentar sempre as nosas publicacións,estamos encantados!!!!Ademáis,alegrámonos moito de que vos guste o noso video,pasámolo xenial facendo unha hora de ler diferente.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"