Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

POR QUÉ ESTE BLOGUE???

Imaxe
No noso cole temos xa un blogue, FRAGAREIS , pero neste recuncho queremos recoller todas as cousas que se desenvolven dende a Biblioteca do noso centro. A partir de agora , as cousas que fagamos, propoñamos ou creemos dende a nosa biblioteca aparecerán aquí. Como sabedes a "mascota" da nosa biblioteca chámase OLIREI , e é o grande protagonista deste evento. Para elexir o nome deste blogue pensamos que o mellor xeito de facelo era que o alumnado propuxese e elexise o nome. Así desta proposta de ideas e votación na que se implicou a todo o alumnado saíron dous nomes gañadores: OLIREI.BLOG e O MUNDO DE OLIREI E MÁIS EU . Como a votación foi tan axustada, decididimos que era importante recoller estas dúas propostas. E aquí está: o noso blogue de biblioteca por fin é unha realidade.

II SESIÓN DE CONTACONTOS

Imaxe
Este venres, día 25, celebrouse na biblioteca, e para o alumnado de ED. Infantil a " Segunda Sesión de Contacontos ". Nesta ocasión estrearonse algunhas alumnas de sexto co conto "A mazá que quería ser unha estrela" .  Os nenos e nenas de infantil quedaron encantados xa que ao final puideron degustar unha deliciosa mazá.                

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS.

Imaxe
Esta semana saen de novo para as casas as MOCHILAS VIAXEIRAS con libros variados para compartir en familia. Tamén podedes facer comentarios sobre o que vos parece a actividade no caderno viaxeiro que vai en cada mochila. Un grupo de axudantes de 6º de primaria baixou á biblioteca para facer entrega a un/unha representante de cada clase.      Agardamos que disfrutedes da lectura!!!            

MAGOSTO 2017

Imaxe
MAGOSTO 2017 “Un mundo de cores” inundou o magosto do noso cole o pasado día 10 de novembro. A cor verde das árbores proporcionounos a serenidade e harmonía para a festa que estaba a piques de comezar. O amarelo e o laranxa da fogueira enchéronnos de enerxía e alegría que nos fixo disfrutar. E, por último, o negro, co que nos fartamos de tizar! Sen dúbida, un magosto irrepetible! Ah, pero… non o credes? Mirade, mirade…                                              

PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS DO CURSO

Imaxe
O pasado venres día 10 inauguramos os "Contacontos"   para o alumnado de ED. Infantil. Este curso ademais de contalos os alumnos/as do centro, engadimos unha nova opción: que as familias veñan ó cole a contalo tamén. Desta volta o encargado de inaugurar a tempada de "Contacontos" foi Jano , un papá dun alumno da clase de 1º. O conto co que deleitou ó alumnado foi o da TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.  Moitísimas grazas a Jano por compartir o seu tempo con nós e contar este xenial conto. Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos: