PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS DO CURSO

O pasado venres día 10 inauguramos os "Contacontos"  para o alumnado de ED. Infantil.

Este curso ademais de contalos os alumnos/as do centro, engadimos unha nova opción: que as familias veñan ó cole a contalo tamén.

Desta volta o encargado de inaugurar a tempada de "Contacontos" foi Jano, un papá dun alumno da clase de 1º.

O conto co que deleitou ó alumnado foi o da TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA. 

Moitísimas grazas a Jano por compartir o seu tempo con nós e contar este xenial conto.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

DIVERTILECTURA

YAYOI KUSAMA

DÍA DO LIBRO