Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

LECTURA DURANTE O CONFINAMENTO

Imaxe
Durante este tempo que temos que quedar en casa, podemos aproveitar para viaxar a través dos libros e deixar voar por uns momentos a nosa imaxinación. Desde a biblioteca deixámosvos algúns enlaces que neste tempo nos permiten acceder ao marabilloso mundo da lectura. GaliciaLe  A plataforma de préstamo de obras das bibliotecas públicas galegas permite rexistrar a todo aquel que non teña carné de ningunha biblioteca municipal para poder acceder aos libros. Baía Edicións permite descargar algúns títulos por idades para a súa descarga e lectura. O xornal O papagaio ofrece algúns dos seus números para ler. Kalandraka na súa canle ofrecen unha serie de contos contados para ver na casa. Xerais ofrece catro títulos para abrirlle a porta á lectura en galego. Aulas galegas.org teñen un apartado de lecturas compartidas. Óscar María Barreno ofrécenos a lectura dalgún dos seus libros gratuitamente. No blogue do cole podedes ver unha selección de libros en castelán

O monstro de cores e o coronavirus

Imaxe
Deixámosvos unha versión do conto " EL MONSTRUO DE COLORES " feita por Verónica Durán Fernández sobre o coronavirus.

CONTACONTOS IGUALDADE

Imaxe
O mércores dentro das actividades para conmemorar O DÍA DA  MULLER, contamos coa presenza de A Xanela do Maxín que veu contarnos o conto U-la Lúa ?

Conmemoración día da muller

Imaxe
Onte, na hora do recreo, tivemos un photocall moi especial e divertido...Co gallo da conmemoración do día da muller, o pasado día 8, o alumnado elaborou nas súas respectivas aulas, unha frase relacionada coas féminas ... Ollade o seguinte vídeo e veredes q recreo tan ameno pasamos!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Concurso de recitado de poesías de Rosalía

Imaxe
Este curso para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA fixemos un concurso de recitado de poesías, onde todas as clases recibiron un pequeno obsequio polo recitado do seu poema. Mirade que ben o fixeron. 4º e 5º de infantil  6º de infantil  1º de primaria  2º de primaria  3º de primaria  4º de primaria 5º de primaria  6º de primaria