Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

MUSEO "UN MUNDO DE CORES"

Imaxe
Como remate do proxecto deste ano deixámosvos unha recompilación de fotos do que deu de si o día de apertura ao público.  Agardamos que vos guste e vémonos o próximo curso

APERTURA DO MUSEO

Imaxe
O NOSO MUSEO ABRIU AS PORTAS AO PÚBLICO !!!!! Por fin puidemos ver a culminación do traballo realizado durante o curso. Primeiro o alumnado visitou todas as clases para ver o traballo dos seus compañeiros e compañeiras e a partir das 12 da mañá quedou aberto para o resto da Comunidade Educativa. Foi un día moi emocionante para todos/as. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR VIR E A TODO O PROFESORADO E ALUMNADO POLO SEU GRAN TRABALLO. 😘 Deixásmosvos unhas poucas fotos. Nos próximos días colgaremos máis.

DIVERTILECTURA

Imaxe
Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos facemos a última recomendación de lectura deste curso para o mes de xuño dos seguintes libros:por unha banda CUERVO de  LEO TIMMERS   da editorial ALGAR , na que coñecemos a historia dun corvo que non ten amigos e non entende por que,e por outro lado,un libro-cd para disfrutar en familia con cancións en galego de PIRILAMPO titulado LUCECÚS da editorial ÁRBORE/GALAXIA -SONÁRBORE. Aquí vos deixamos unhas fotos e un vídeo da canción A CASA DO TÍO NICANOR para que tomedes nota de como se baila.  Hoxe xoves 14 de xuño fixemos a nosa hora de ler no patio facendo voar os nosos globos de YAYOI KUSAMA.Mirade que ben o pasamos!!!.Se vos gusta a nosa publicación, deixádenos os vosos comentarios esperámolos impacientes.

YAYOI KUSAMA

Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos xa temos todo case  listo para a exposición do próximo día 19 de xuño no que abriremos a porta da nosa clase,para que vexades todos os nosos traballos relacionados coa nosa pintora YAYOI KUSAMA. Estamos impacientes por ensinarvos as nosas creacións;pero ,como queremos que sexa sorpresa aquí vos deixamos un pequeno aperitivo do que podedes ver.Así fixemos a nosa árbore ó estilo das que decora na rúa YAYOI KUSAMA . Esperamos que vos guste e nos deixedes os vosos comentarios pero sobre todo que veñades a disfrutar do noso mundo 🌍 de cores en vivo.Estades invitadoooooos!!!

Urbano Lugrís: Leyenda Marina.

Imaxe
Na clase de 3º estamos aprendendo moitas cousas da vida e obra de Urbano Lugrís   . Ademais das obras máis coñecidas  coma Galicia  ou a   Mariña Surrealista  que tanto nos gustou;   houbo outras obras da súa fantástica creación que nos chamaron moitísimo a atención . Unha destas obras é "Leyenda Marina" fonte: colección Abanca Esta obra gustounos moito porque aparece un peixe fantástico, porque parece que enriba ten unha igrexa e o que nós concluísmos que parece un "cura ou monxe" . Ademais aparece un cabaliño de mar, hai unhas montañas ó fondo.  E coma sempre, ó lado da sinatura de Urbano aparece unha áncora . Estamos facendo a nosa propia versión da obra, aínda que en dimensións maiores xa que a orixinal é de 22x22cm ... Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso:  Se o queredes ver rematado.. xa sabedes o 19 de xuño, estades convidadas!!!!!!  

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Imaxe
HOXE O ALUMNADO DE INFANTIL VISITOU AS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEAREAS. ADEMAIS DE VISITALA, TIVERON UN CONTACONTOS E FIXERON UN MARCAPÁXINAS. AQUÍ VOS QUEDA UN VÍDEO DA VISITA

CADRO DO MES: AS BOTAS

Imaxe
Xa temos rematado o cadro do mes de maio da clase de 1º. Aquí vos deixamos unhas fotos do bonito que nos quedou.